Carriola.Redacción.21.05.23
Marín conta cunha poboación cada vez máis envellecida que precisa de novos servizos pensados e deseñados para eles. Os socialistas queremos impulsar o botón 24h para as persoas que viven soas ou teñen necesidades especiais, crear unha Oficina Municipal de Atención ao Maior e á Discapacidade que axude, oriente, informe e acompañe aos nosos maiores e ás persoas con discapacidade nas súas xestións do día a día, e por suposto unha residencia pública en Seixo que cubra parte das necesidades asistencias que temos en Marín. Son tres medidas de calado que precisamos por en marcha canto antos”.
Marín conta con máis de 1.600 persoas maiores de 80 anos, moitas das cales viven nunha soidade non buscada. Esta franxa de idade é cada vez más ampla e precisamos poñer en marcha medidas pensadas por e para eles. Os socialistas temos moi claro que tras doce anos gobernando a dereita precisamos ir moito máis alá e apostar decididamente por ofrecer servizos de atención especializada aos nosos maiores.
Para elo propoñemos que o Botón 24h, un dispositivo que permite con só pulsar un botón pedir axuda en caso de necesidade, se implante con carácter xeral e Marín, e non como sucede ata o de agora onde as limitacións de acceso a este servizo por parte do Concello de Marín o convirten en algo testimonial.
Oficina de atenció ao maior
Así mesmo queremos impulsar a creación dunha Oficina de Atención ao Maior e á Discapacidade. Unha oficina pensada para facilitar o día a día de moitas persoas onde a barreira tecnolóxica lle dificulta moitos dos trámites ante a administración ou outras entidades, unha oficina que oriente dos servizos, trámites, xestións e servizos aos que poden recurrir e os axuden na súa tramitación. Un servizo que poida facer un seguimento regular das persoas que viven soas e que fomente a voluntariado e as actividades conxuntas.
Residencia mara maiores en Seixo
E por último queremos poñer en marcha unha medida para a que xa presentamos iniciativas municipais que ata o de agora cairon en saco roto. Queremos construir e por en marcha unha residencia de maiores en Seixo e abordar tamén a posta en marcha de espazos residenciais senior pensados por e para este colectivo que ten necesidades moi concretas. Esta necesidade é máis que evidente e o resultado é que os nosos maiores teñen que acabar en residencias de fora que dificultan e limitan a posibilidade de visitas e de acompañamento.