Carriola.Partido Popular (R).23.05.23
“Este documento é o maior instrumento de planificación estratéxica a longo prazo que se elaborou ata a data na nosa localidade”, declarou a candidata á reelección polo Partido Popular, que defendeu que a súa aprobación definitiva e posta en marcha será “das primeiras accións que levemos adiante no futuro mandato”.
Contar con documentos estratéxicos que marquen unha folla de ruta clara para o Marín do futuro foi un dos traballos nos que máis se empleou o Goberno local durante os últimoscatro anos. Así o entende a candidata popular á reelección, María Ramallo, que defendeu otraballo feito na elaboración da Axenda Urbana de Marín.
“Queremos crear un Marín máis Un Marín máis resiliente, máis habitable. Que sexa ecolóxico, inclusivo e seguro. Máis dinámico e atractivo, mellor conectado e aberto á súa cidadanía. O Marín que merecemos”, afirmou a actual alcaldesa, que considera que estedocumento, a Axenda Urbana, “é o maior instrumento de planificación estratéxica a longo prazo elaborado ata a data na nosa localidade. Esta folla de ruta toma como base os obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU e o propio marco da Axenda Urbana Española”.
Para a súa elaboración, traballouse durante meses “nun intenso proceso de participación cidadá, a través de enquisas e de encontros sectoriais, cos que aterrar o global no local”.Dese traballo, naceron cinco grandes bloques, dos que se extraerán 19 accións quetransformarán Marín e que poderán optar á financiación dos Fondos Europeos NextGeneration.
“Se revalidamos a alcaldía - explicou Ramallo - a aprobación deste documento e a posta en marcha das accións que del se derivan, será das primeiras cuestións que saquemos adiante no próximo mandato”.
E é que Ramallo incidiu en que o seu proxecto, o do Partido Popular, “sabe desde o minuto un post electoral cales son os pasos que temos que dar. Temos visión de futuro, un futuro optimista, cheo de posibilidades para desenvolver Marín”.