The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE de Marín pide o voto para abrir unha etapa de progreso en Marín

Carriola.PSOE (R).26.05.23  

Segundo Manuel Pazos: "Todo o mundo é consciente de que Marín está quedando atrás en moitísimos temas coma a falta de vivenda, de solo empresarial, de servizos, a perda de comercios, de poboación…  Os nosos problemas xa non se poden ocultar por máis tempo ni por moita propaganda que se faga dende o Concello. Os marinenses, todos xuntos, temos que decidir este domingo cara onde queremos que se dirixa Marín nos próximos catro anos. Ou ben por un modelo continuista que xa sabemos que resultados trae para Marín, ou ben un modelo que aborde dunha vez os problemas profundos que temos por diante. Ninguén o vai a solucionar por nós, e por eso invito a todas e todos os marinenses a que aposten por un cambio tan necesario como improrrogable”.

Remata a campaña, o tempo das propostas, os mítines, os programas, os debates, os repartos, a megafonía… Un momento de moitísimo esforzo pero á vez ilusionante e esperanzador.

Ao longo destes últimos catro anos, pero sobre todo destas últimas semanas, os socialistas quixemos explicar cales eran os problemas tan profundos que ten Marín e cales as alternativas que temos para afrontalos. Por todo esto sempre estivemos falando de vivenda, de solo empresarial, de rural, de servizos aos maiores, de comercio local… Na nosa opinión o goberno está ausente de todo este debate e por eso consideramos que o cambio de goberno é urxente, necesario e improrrogable porque cada ano que pasa a situación é máis grave e as solucións máis difíciles e costosas.

Demostramos ao longo deste tempo de oposición que fomos quen de ter un equipo serio, unido, honesto, traballador e responsable. E grazas a esto podémonos presentarnos catro anos máis tarde co aval do traballo ben feito e pedindo abertamente que Marín debe iniciar un cambio de ciclo político polo ben do noso municipio. Un cambio pensado para poñer no centro da vida municipal os problemas que estiveron tanto tempo pendentes de ser abordados.

Por este motivo dende o partido socialista queremos pedirche o voto para a nosa formación. Un voto cargado de ilusión por cambiar as cousas, de esperanza no futuro e un voto para que volvamos a ter o dinamismo económico e social que nos merecemos.