Carriola.Redacción.26.05.23
Pasado el examen del 28M ahora toca a cada uno de los grupos que obtuvieron representación en el concello hacer reflexión de los resultados obtenidos y ayer recibimos la primera reacción de Manuel Pazos Lamoso, actual portavoz del PSOE en la Corporación y número uno de la candidatura de su partido, que se quedó con los cinco concejales con los que cuenta en la actualidad en el Pleno.

Manuel Pazos en el momento de votar el pasado domingo
"Tras as eleccións municipais de Marín do pasado domingo gustaríame facer unha valoración dos resultados.
O primeiro é felicitar a María Ramallo pola sua cuarta maioría absoluta. Tiven ocasión de felicitala persoalmente ao coñecerse os resultados pero tamén o quero facer de xeito público.
Respecto dos resultado da miña candidatura dicir que non foron os desexados. Estaba convencido de que melloraríamos os resultados de 2019 con bastante máis intensidade do que sucedeu. Agardaba que o traballo serio, honesto e propositivo destes últimos catro anos acadaría un maior respaldo veciñal, pero non foi así. Toca agora escoitar con máis intensidade o que se precisa de nós, aprender dos erros que seguro cometemos para mellorar e seguir traballando coa mesma ilusión que o fixemos ata o de agora.
Para ser xustos, tamén debo ter en consideración o contexto xeral destas eleccións. Quizáis a outros, á vista do que sucedeu por exemplo en Galicia onde o PSOE baixou a súa porcentaxe de voto en 3,7 puntos (11% menos), pódelles parecer un resultado suficiente ou mesmo bo que en Marín teñamos subido en 1,6 puntos a nosa porcentaxe de voto (8% máis). Ou que, habendo 700 votos menos emitidos, o noso voto número de votos aumentase.
Pero para min os resultados ainda así non son o que esperaba. Agardaba poder contar con parte da confianza do electorado de esquerdas que apoiou a outros partidos e que nesta ocasión non se presentaban, pero non foi así. Foi o BNG quen tivo ocasión de absorber boa parte dese voto, o que elevou moito a súa representación ata acadar un bo resultado tamén para eles..
Asumo o resultado en primeira persoa e tomo boa nota. Toca agora escoitar a moita xente que nos votou e tamén aos que non nos votaron para coñecer o seu punto de vista para aprender, mellorar e seguir traballando coa mesma ilusión que o fixemos ata o de agora.."