Carriola.Estrela de Marín.01.06.23
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", o gañador foi Sara Rosales Piñeiro. Sara selou a súa tarxeta nos comercios Acolá Trend, Green & Grey e Administración de Lotería Tica polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos. Neste caso, Sara forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio terá lugar hoxe xoves día 1 de Xuño ás 12:00h no comercio Acolá Trend, no transcurso do mesmo a gañadora recibirá os 150€, en vales compra.
Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo, sendo unha campaña que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.