Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“El Legado de la niña de sal”, obra de Elena Gallego que será presentada hoxe ás 20.00 horas no Museo Torres

Carriola.Ateneo S.Cecilia.09.06.23  

A xornalista e escritora Elena Gallego Abad presenta a súa novela "El legado de la niña de la sal" hoxe  venres dia 9 de xuño as 20.00 h no Museo Manuel Torres de Marín onde manterá unha conversa sobre a obra coa actriz Mayka Braña. 

O acto está organizado polo Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín. 

"Cando Inés lle prometeu a súa nai ler os seus cadernos e escribir o libro sobre a súa vida, non podía imaxinar o alcance do seu legado.  Ao abrir o primeiro dos cadernos manuscritos, a memoria devolveulle a imaxe de Carme, trinta anos mais nova escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Fixou a mirada na caligrafía coñecida como se puidese revivir a nai xa ausente para sempre e o que empezou a ler deixouna enganchada a un pasado e a unha vida para ela completamente descoñecidos"

El legado de la niña de la sal é o relato real de unha orfa, a súa nai, a que lle tocou  loitar pola supervivencia, un pequeno gran drama que aconteceu nos anos posteriores  ao remate da Guerra Civil. 

"Naqueles anos moitas familias perderon todo o que tiñan, algúns incluso a vida,  mentres outras se facían con moito diñeiro e bens. Para prosperar algúns de eses novos "ricos" sen escrúpulos nin cultura non dubidaron en aproveitarse de persoas inocentes e desvalidas coma min". 

"Se os vivos ignoran o que aconteceu, consulta o que deixaron escrito os mortos"

roslev