Carriola.Redacción.13.06.23
Este domingo celebrouse en Castrelo de Miño a última regata da Liga Galega de Remo Olímpico 2023, onde os de Marín destacaron naquelas categorías nas que participaron.
Deste xeito, os marinenses conseguiron 7 primeiros postos, 4 segundos postos, 2 terceiros postos, 2 cuartos postos e, ademáis, unha 7ª posición e unha 8ª posición. A falta do cómputo final de liga, todo parece indicar que virán para Marín varios trofeos de liga, logo de que os nosos remeiros conseguiran as primeiras posicións en todas as xornadas disputadas.
Próxima semana a Portugal
Unha vez rematada a liga, as olladas están postas no vindeiro fin de semana, cando os alevíns e veteranos acudirán á Regata internacional Litocar en Montemor-o-Velho (Portugal), mentres que os cadetes, xuvenís e seniors loitarán por unha medalla no campionato galego.