Carriola.Redacción.17.06.23.
Marín tiene nueva corporación municipal porque esta mañana, tal como estaba indicado, se celebró en el salón de sesiones del concello el Pleno más solemne como es el de constitución de los grupos que conforman el organismo regidor del concello y la toma de posesión de cada uno de los concejales electos con la consiguiente votación que, como ya estaba anunciado, valió para dar a María Ramallo la cuarta mayoría absoluta consecutiva de gobierno ya que cuenta con doce de os 21 ediles que forman el Pleno Municipal.

La nueva Corporación tras el pleno celebrado esta mañana
Juramentos y promesas
Tras la formación de la mesa de edad que correspondió a Cristina Acuña, del PP y Celia García (BNG) se procedió a la llamada de los concejales electos que fueron pasando por la mesa presidencial y votando “a su manera” cada quien, unos por cumplir y otros por imperativo legal siendo los del Bloque Nacionalista, mostrando su incontenida euforia por el aumento de su representación (pasaron de 1 a 4 concejales), quienes quisieron destacar presentándose con un clavel rojo en la mano, saludando ostentóreamente al respetable entre el que contaban con una buena “claqué” e incluso en el caso de la número dos, prometiendo su cargo con el puño en alto.

Manuel Pasos Lamoso (PSOE)

Lucía Santos Omil (BNG)
Terminados las tomas de posesión se preguntó quienes se postulaban para la alcaldía y solo lo hizo el PP con su número uno, María Ramallo, renunciando a ello tanto Bloque como PSOE que se abstuvieron después en la votación final con lo que Ramallo quedó nombrada por cuarta vez alcaldesa de Marín con una nueva mayoría absoluta.
Cristina Acuña, presidenta de la mesa de edad hizo entrega del bastón de mando a la reelegida alcaldesa, su compañera de partido, la cual procedió a saludar a todos y cada uno de los concejales tanto del PP como de los grupos de la oposición, pasando a tomar la palabra para pronunciar, durante 19 minutos, su discurso de investidura que reproducimos a conmtinuación íntegramente y que inició dirigiéndose a los miembros de la corporación:
“Estamos aquí para expresar da vontade que a veciñanza de Marín ten manifestado nas urnas o pasado día 28 de maio.É polo tanto un día importante desde o punto de vista democrático, representativo, solemne, de inicio e de andadura dos 21 que estamos aquí representando a todos.
Cuestión que non quero deixar de tocar:
Balance de cómo chegamos ata aquí e poner en valor o éxito do traballo realizado en moitas ocasións, a veces moitas máis das que se sabe, e que non trascenden, con coordinación e apoio dos grupos da oposición, e polo tanto de todos.
E así debe ser, en eso gañamos todos sen ningunha dúbida, ésa debe ser a ruta, ainda que non se estile, ainda que haxa ruído externo e as forzas centrígufas aspiren cara afora, non teñades ningunha dúbida, ése debe ser o noso selo de identidade. Unamos programas e propostas e sumemos para non restar e multipliquemos para non dividir esforzos…
¿Cómo vos animo, aos que temos a sorte de repetir, e aos que vos incorporades?: A experiencia é única, o que sinto por esta dedicación ao público, pero ao alcance da nosa man está en ser estos 21 concelleiros e concelleiras aos que nos confiachedes os destinos desta nave que volve despegar, con tento, boa visibilidade, o motor en perfecto estado e o impulso renovado.
Un contrato por 4 anos, sempre á vosa disposición, sempre con ánimo de unir, de ampliar e de construir, nesta tafefa fan falta todas as mans que de xeito voluntario prestamos gran parte da nosa vida a facer cousas por Marín, facendo esforzos e gastando o máis preciado que é o noso tempo, horas, días, sempre e en cada momento.

La reelegida alcaldesa jurndo su nuevo cargo
Máis de cento cincuenta plenos e lembranza dos alcaldes da Democracia
Levo presidido mais de 150 plenos, e asistido como concelleira a outros 150, non faltei nunca! Nos quedan 48 plenos ordinarios para construir, preparados, listos… e adiante… Marín espera moito de nós. Posteriormente personalizarei máis e contarei o que sinto, para finalizar cos desexos que entre deberíamos ser capaces de lograr e de soñar.
Comezo polo principio, por vós, por nós, por esta Corporación, onde outra, a Primeira, o día 19 de abril de 1979 fixo fai moi pouco 44 anos constituíuse por primeira vez. O primeiro alcalde democrático foi don José Manuel Pierres Martínez que foi elixido por 12 votos dos 21 membros, que quero lembrar expresamente por ser o primeiro, e pola relación persoal que tivemos. Posteriormente don Antonio Pena Piñeiro, Aboi, seguiron circunstancialmente don José Emilio Esperón terceiro da súa lista, don Gonzalo Aris Leiro profesor Arís, don Antonio Santiago Fernández “Toneco” alcalde en tres ocasións, don Augusto Casal Sánchez, que é a primeira vez que non me acompaña e para o que gardo o mellor recordo de terme insistido e convencido para dedicarme a ésto, e don Francisco Fran Veiga Soto, o meu antecesor neste cargo.
A todos o meu agradecemento, o agradecemento sempre da súa adicación e os seus acertos por facer desta cidade un mellor sitio sen dúbida para vivir, todos adicáronlle unha parte das súas vidas, en corpo e alma, e todos quixeron sempre acertar, a miña consideración e respecto!
Catro anos atrás difíciles
Nese momento como agora, toda vontade política si é lexítima, nace dun profundo desexo de transformar a sociedade, non cambiala, senón mellorala, é absolutamente indispensable contar cunha ilusión utópica e válida.Acabamos un mandato verdadeiramente difícil, cando tomábamos posesión no ano 2019 nada facía presaxiar que una pandemia ía asolarnos como sociedade, encerrarnos, aislarnos, pechar negocios, cerrar colexios, cafeterías, empresas, vernos pola ventá, así pasei máis de dous meses saudando á miña nai pola ventana, que como eu estaba con xente tiña que tratar de non contaxiala, difícil, pero o fixemos… todo deu unha volta en décimas de segundo e a sociedade seguiunos dun xeito útil, facendo caso, cumprindo todo o que se nos poñía por diante, e aprendimos a gardar distancias, a estirar espazos, a limpialo todo, a desinfectarnos de máis, a poñer mascarilla, a vacinarnos unha, dúas, tres… e mais veces…E logo houbo que abrir, que iniciar, que dar pasos, e aprendimos, sufrimos moito, pero voltamos a vivir de novo como se nunca houbera sucedido.Tivemos persoas que perderon familiares, persoas maiores que se aislaron, como as da nosa Residencia que viviron durante meses nas súas habitacións, que o pasaron moi mal, sempre recordarei o momento no que as súas portas se pecharon ao mundo exterior e os seus coidadores fixeron unha labor inconmensurable, facendo de familia e amigos, da nosa sanidade que encheu os hospitais de pacentes aos que nun principio non se sabía a súa evolución, as neumonías, pulmonías, dificultades respiratorias, comas, recuperacións, e moitos cadros raros onde non se vía o final do túnel.E penso que ahí estivemos os concellos para reformularnos e axudar, de eso se trataba de ser útil, de axudar, de procurar remedios e de inventar solucións para problemas que nunca antes xurdiran.
Foi duro, sen dúbida a lexislatura mais complexa que me tocou.Foi a pandemia, a guerra de Ucrania, o afundimento do Villa de Pitanxo azotándonos de xeito inmisericorde e deixando unha ferida moi difícil de curar, e logo foi Benito, esa perda irreparable. Foi duro, moi duro.
Cheguei a este salón de plenos fai agora 28 anos, e ainda que non estiven de xeito ininterrompido, aseguro que foi a lexislatura máis dura.
Empezar de novo
Empezamos…Un exámen.Acadar a nota necesaria inda que a nota de corte para nós que era alta, e tratar de mellorar sen ninguna dúbida o feito ata o de agora. Dicen que a política non serve para nada…Dicen que adicarte a ela supón case que arrastrarte e baixar o perfil de cada un de nós.
Creo e trato de imprimilo no tempo que levo aquí que existen excepciones, que a regra non é esa, que é necesario adicarse e traballo enormemente para ser esixente e tratar de impregnar todo o que fago de respeto, educación, espíritu de construír, tratar de convencer non vencer, de unir e non separar, de gobernar e non dar preocupacións indebidas á xente, de ser eficiente no traballo, de apostar por metas difíciles, tempo a rebaixar sempre hai, de tratar a todo o mundo como me gusta que me traten a min, de ser compañeira, de liderar un grupo de persoas valentes que en moitos casos aparcan a súa actividade profesional e noutras a compaxinan, de ter craro que cando nos metemos nesto arrastramos sen querer aos nosos achegados, querámolo ou non, de que é nobre esta actividade, que non debe ser cruel cando un se equivoca e rectifica, que debe ser comprendida e real por todos con independencia das cores, que non está suxeita a caprichos, de que as personas ás que nos debemos de todas as idades son diferentes, plurares, pero únicas, e que temos que traballar en positivo, unidos cando de Marín se trata.
Ánimo a todos e todas
Teño experiencia profesional no ámbito público e no privado na miña carreira e a oportunidade a nivel político de ter estado en moitas sedes parlamentarias e executivas e en todas se aprende e en todas se aporta.
Animo a todos e todas os 21 que hoxe temos esta honra de animar a contribuir para chegar á excelencia, a pensar primeiro no bo que podemos facer, sempre competindo nobremente, pero tratando de dar una imaxe, e sobre todo una mensaxe con contido enormemente constructivo, só así conseguiremos apoios, sobre todo entre a xente máis nova, entre os que ás veces ven espectáculos nas redes ou nos medios e se descreen de que esta noble tarefa serva de verdade.Seguirei dando pasos nesa ruta, na que me corresponde tamén ser a primeira en dar exemplo, en tratar de que desprendamos unha ilusión en positivo por Marín, por enriba de todo.
Mirando cara ás futuras xeracións
O tempo pasa voando, estamos tratando de facer, de construír, de impulsar, de invertir, de mellorar, de facer cousas para que a xeración que ven, que xa empeza a vir, se atope con camiño andado e non dando pasos para atrás, onde a xeración que tivemos a oportunidade de estudiar, de formarnos, de traballar, de facer unha vida autónoma, con oportunidades e secuencias que melloraron sen dúbida as dos nosos país, e por suposto a anos luz das dos nosos avós.
Sexamos útiles, e mellores, só así conseguiremos avanzar sen ter unha mochila cargada de prexuízos nin de obstáculos que non se poidan saltar, compitamos en ser mellores, así avanzaremos, esixámonos moito e daremos unha visión en positivo non en branco e negro, alegre e non triste, optimista e con visión de futuro.
O compromiso persoal co cargo adquirido
Trátase en definitiva de poñer en valor a famosa frase “Hai que ser útiles e non importantes”, a éso debemos adicarnos en corpo e alma e nada se aprende sen esforzo e sen exemplo. No que de min dependa, e despois de levar tanto anos, quizáis os mellores da miña vida, ou non… adicareime en corpo e alma, así é como entendo a política, esta política, a de o contacto, a relación, a asistencia, a reunión, o esforzo por explicar, por cumprir, por facer, por mellorar, por desbloquear situacións a de entenderse con todos, os que te teñas que entender, ésa é a clave.
Obxectivos importantes por diante
- Executar Fondos Europeos, coa complexidade que ocasiona.
Somos grandes pero moi pequenos, temos ferramentas pero moi poucas e estamos no mesmo sitio onde nos afectan mil vicisitudes na tramitación administrativa e complexa na que todos estamos inmersos.
Aínda así hai que nadar, tratar de chegar e de impulsar obxectivos xa plantexados que deben acadarse.
- Poñer os mellores ingredientes e impulsar e acrecentar as oportunidades de emprego.
Como empresa, traballan neste concello mais de 160 persoas habitualmente, en temporada chegamos a mais de 220 persoas, e empresas que traballan para o concello, se pode ser de Marín, a éso tamén nos adicamos. Somos un foco de emprego importante.
A nosa economía se basa na área portuaria, que abarca una extensión de 800.000 m2 e en torno a súa actividad se agrupan as principais empresas con sede en Marín.Cífrase en cerca de 200 empresas que operan neste recinto, e nunha cifra de 13.000 os empregos directos, indirectos e inducidos no noso Porto de Marín, dos cales, 8.000 son a tempo completo. Dato relevante e aposta decidida desde que hai moitísimos anos cambiamos a nosa fisionomia por aportar unha infraestructura portuaria de primeiro nível, que nos marca e nos seguirá marcando no noso futuro mais inmediato.
O segundo centro de referencia e de emprego a Escola Naval Militar Campus Universitario da Universidade de Vigo, que nos pon no mapa de titulacións a nível nacional xa que a carreira de marino en toda España realizase en Marín onde máis de 500 persoas imparten os seus estudios engadindo a enxeñería mecánica e conviven mais de 10 meses ao ano entre nós, tamén desde o punto de vista económico.
Non quero olvidarme dunha parte da Brilat ubicada no noso terriorio e que convive con nós como profesionais do exército de terra nunha Base de alto releve nacional e internacional, cando veñen mal dadas, ahí están, cerca.
Competencias de debemos prestar
O desenvolvemento urbanístico, a búsqueda de oportunidades de atracción de inversión en materia de construcción e vivenda, nas posibilidades de melloras no noso casco antigo, nas oportunidades cara o noso litoral com ese turismo sostible.
Poñer en valor o dinamismo, a cultura, o deporte como eixos que aportan valor engadido que son oportunidades da mellor inversión, que posicionan o talento e que desenvolven o sector comercial, hostaleiro mellorando e aproveitando as oportunidades de desenvolverse cando todavia hai marxe de mellora e de atraer.
As políticas sociais cercanas, estables, coordinadas, de cara á xente maior, apostanto por infraestructuras de cara á idade avanzada con apoio ás famílias.
Aposta pola educación, mellora dos centros educativos, ofertas de oportunidades e coordinación cos centros e as ampas.
A extensión da mellora urbana, das conexións cos lugares das distintas parroquias, dos servizos esenciais, a aposta polos mercados, polo comercio, a coordinación asociativa, o apoio ás iniciativas que se plantexan.
Dando pasos cara ao maior coidado medioambiental, poñendo en valor o Lago de Castiñeiras, a nosa riqueza patrimonial, mellorando as praias e avanzando nos sendeiros e rutas, mellorando os paseos nos ríos e facendo entornos únicos.
Tratando de mellorar a organización interna, cos avances tecnolóxicos que a pandemia apurou, tratando de ser eficaces, efectivos nos traballos e utilizando ferramentas que melloren a transparencia, a comunicación, a información.
Todo con equilíbrio e con prudencia pero facendo avances e invertindo de xeito ordenado.
Unidos nas loitas que hai que dar, a favor da igualdade efectiva, colaborando na conciliación, contra a violencia de xénero e modernizando a nosa policía local, que permanece aberta sempre todos os días, de noite e de día.
¿A qué nos adicamos… e con qué soñamos?
A xestionalo con quince millóns de euros, solicitando axudas, subvencións, convenios e participando en todos os proxectos que poden ser interessante; Se debe soñar en política, tamén…Nun futuro real e posible, non hai nada peor que as frustracións, de tratar de decir o que non se pode facer e de aturdir a moita xente xerando imposibles e non metas alcanzables.Debemos ser conductores de posibles, de canalizar as oportunidades, de facer partícipe a todo o mundo das ventaxas que moitas veces vemos nas decisión que adoptamos e tratar de avanzar para non retroceder. Traballar con paixón é máis importante que o compromiso.
Amar o que se fai
Decía Steve Jobs que “la única manera de hacer una gran trabajo es amar lo que haces”. A política é unha das profesións máis criticadas do mundo, onde cada paso é comentado e xulgado polos demáis. Pero o que creo craramente por baixar ao terrenal, e no esforzo, no traballo, na adicación e no acerto. Altura de miras, visión de futuro, estar no mundo e grandeza, esas son as miñas coordinadas que repito desde que me adico a esta tarefa. Ánimo a todos os que temos encomentadas as tarefas no día de hoxe, 4 anos por diante e moito, moito traballo esperando.
Conto con todos, estou acompañada dos mellores, non me refiro ao goberno local só que tamén, estou acompañada dos que Marín escolleu e neso estamos, os mellores escollidos, os valentes que dades un paso ao fronte, participades en política, os significades e os implicades coa camiseta de Marín!!!
Agradecementos finais
Grazas á miña familia, a Fran, o máis político da casa, un gurú gratuíto que me acompaña sempre, aos meus fillos, Jorge e Jimena, levan escoitando mítines desde antes de nacer… literal, á que me proporciona a medida mais importante para a conciliación efectiva familiar, á miña nai, ao resto da familia representada hoxe nas miñas tías que desde Madrid, Coruña e Pontevedra me acompañan.E a familia política, Rosa Quintana, José Benito Suárez, sempre grazas!
E como dixen fai 4 anos e fai 8 anos e fai 12 que a Virxe do Carme me acompañe!!!.Moitas grazas!!!.
El Himno de Galicia

Para cerrar el acto entraron al salón una representación del grupo de gaitas “Airiños de San Xulián” que interpretaron el Himno de Galicia que fue cantado por muchas de las personas presentes en el acto. Se dio la circunstancia de que el grupo interpretó la primera parte del himno, como suele suceder en la mayoría de los actos y así estaba establecido en el celebrado hoy, pero, cuando los músicos finalizaron su interpretación, la “claqué” del Bloque siguió cantando la segunda parte del Himno lo que desconcertó a los asistentes que, en cambio, escucharon de pie y con respeto la ocurrencia de los nacionalistas que en esta ocasión, también quisieron ser “más papistas que el papa”.

Abrazos y felicitaiones en un salón lleno de público
Finalizado el acto y antes de hacer las fotos de rigor en la puerta del concello, se sucedieron las felicitaciones y los emocionados abrazos en todos los grupos pero especialmente en el del Partido Popular que se hace de nuevo con el gobierno y que contó entre el público con la presencia de la Conselleira de Pesca, Rosa Quintana; el Presidente del Puerto de Marín, José Benito Suárez, el exalcalde Aris Leiro y numerosos familiares de la alcaldesa y concejales así como simpatizantes de los distintos partidos que forman la corporación.