Carriola.AJE (R).23.06.23
Será de 10.00 a 12.00 horas e ten inscrición obligatoria a través da seguinte ligazón:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdgKQRLzFlCQ-Qn1_59asQrn48BQcbYx-sNWpAXZPME1O4wZA/viewform?usp=send_form
A Xunta de Galicia e AJE Pontevedra, coa colaboración co Concello, organizan no Espazo Emprendedor de Marín, situado no Parque Azul, unha interesante xornada destinada á pequena empresa na que se presentarán os Polos de Emprendemento e de Axuda ao Emprego.
Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer experiencias emprendedoras da nosa autonomía que se desenvolveron á calor destes Polos de Emprendemento,así como de informar con actualización e rigorosidade das axudas qu actualmente ten a Xunta de Galicia dispoñibles para as persoas que dirixen pequenas empresas.
Entre esas experiencias estarán as de Miguel de la Calle Bermejo (Chorima Cosmética Atlántica) e Pilar Sotelino Couñago (A Avoa Makika). Ademais, ao clausurar a xornada haberá un pequeno café networking