Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres

Carriola.Redacción.25.06.23 

O noso famoso pintor e mestre Manuel Torres publicou o libro “Do Meu Caetafol” que foi editado pola Asociación de Cultura Arte Santa cecilia, de Marín alá polo ano 1986 e, como xa fixemos con outras páxinas daquela pulicación reproducimos hoxe en Carriola “O Vran”, coma sempre respectando a escrita do autor íntegramente 

Manuel Torres

O VRAN

De entre as catro brazadas de tempo que ten o ano, o vran é a brazada do medio. A primaveira vai diante; o outono dispois. O inverno, aparte, somentes sirve para encartar o emprencipio co fin, un cabo con outro cabo, para darlle contiguidade os anos e pechal-o ciirco do tempo, facelo roda pra que siga, rodando coma sempre.

Ista condición medianeira que ten o vran (metá puxante en verdes lonzanías e outra metá decadente en barroquismos dourados); isto de estar disposto a dúas ágoas, unha costa arriba i-outra costa abaixo, recibindo nunha os verdes aires da primaveira e na outra os primeiros arrecendores da vendimia; isto de estar entre medias quítalle ó vran un pouco a singularidade  de ser distinto, de ter un soio rumbo, un mesmo xeito de punta a cabo. Por iso ten o vran as dúias caras da discordancia: agromares tardíos e outonos adiantados; primaveiras supervivintes na sombra dos salgueiros  do prado e nas terras enxoitadas os coores quentes, terreños de sequía; seitura no campo, namentras no pormareiro inda perduran antre a follaxe os froitos verdadeiros.

Despídese a primaveira coa segunda man do sulfato, na purga do viño, cando a colleita do trebo asemella un outono anegado cos verdes tenros dos liñares. O merlo inda mostra o seu gozo co seu doce asubío namentras co seu ollar agarima o niño que a merla quentaentre os loureiros do valado. Despídese a primaveira coas néboas de San Antonio que suben acachoupadas dinde acolá embaixo das rías, e deseguida alcende no San Xoan as fogueiras da súa noite como unha portada que anuncia as quenturas do vran.

O vran escomenza mismamente cando a primaveira xa ten esgotado  todol-os verdes da súa ofrenda vexetal adicada cos poenxos e mantrastes ó arrecendo das ágoas da noite de San Xoan. As primeiras imaxes do vran, do angostamento anticipado, tremen nos milleiros, degolados polo sol,e na sede do regato que deixou un rastro de pedregullos pra coñecel-o cante por onde ha de voltar co seu marmurio  de canción nova e montesía, na palidez dos centeos que en feita de tristura o paisaxe cinguido polos únicos verdes da liña de vidueiros que van seguindo a serpe do regato.

Compretan a estampa corpos curvados nas leiras, brazos núos nun ritmo de tarefa cobizosa acoitelada pola media lúa da fouce. O vran é tempo de festas e de troula, mesmamente cando empezan a esvaerse os cores gozosos das agromadas. A paisaxe, entón, alédase con engados empresatados, con estrondo de bombas, con tanxer das campás, fonte de pasaxeiras venturanzas.

Pero o vran leva consigo a tristeza que lle deixou a morte da primaveira. Xa non marmura o regato nin se ouve o gozoso asubío do merlo. Calou o cuco, i o reiseñor, i o paporroibo, calaron todos porque o seu meirande contentamento - o anceio da perpetuación, esmoreceuse coa entrada do vran.

 

roslev