Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xián Gutiérrez Dopazo, do CR Ría de Marín, bronce no Campionato de España de Remo Olímpico.

Carriola.CdR.Ría de Marín.26.06.23 

O nome de Marín sona por toda a xeografía galega e tamén española en gran parte gracias aos nosos deportistas que con tanta frecuencia nos regalan éxitos alá onde compiten nunha chea de especialidades de todo tipo e que se facemos unha lista poderíamos sorprendernos da auténtica realidade do traballo dos clubes e do esforzo dos deportistas deles. Nesta ocasión, o Club de Remo Ría de Marín nos remite a crónica que a continuación eproducimos:

Esta fin de semana  tivo lugar en Banyoles (Girona) o Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías cadete, xuvenil e absoluto. Trátase, coma sempre, dun campionato dun altísimo nivel e con representación de 32 clubes de toda España. Para este campionato, o Clube de Marín, enviou a unha pequena delegación de 6 remeiros, 4 cadetes e 2 xuvenís.

Positiva representación marinense con bornce para Gutiérrez

Xián, a dereita,  co seu "bronce" no podio

No caso dos xuvenís, os marineneses Breogán Fariña e Saioa Iglesias non conseguiron entrar na final. Mentres que os cadetes firmaron unha brillante actuación. A embarcación 2- CM formada por Hugo González e Xairo Rivadulla quedou 10ª, mentres que Níobe Barreiro, en skiff CF, acadou tamén a 10ª posicion. Foi Xián Gutiérrez o que conseguiu subir ao podio e colgarse o bronce despois dunha vibrante final na que se decidiron as medallas nos últimos metros.

Próximas citas

Trátase da derradeira proba da tempada para estas categorías, pero non para o resto de remeiros do clube, que competirán nas vindeiras fins de semana  nos Campionatos Galego e de España das categorías benxamín, infantil e veteranos.

 

roslev