Carriola.Redacción.23.06.23
O Concello de Marín, a través do CIM, utiliza o lema “O amor ten que ser universal, diverso e libre” para conmemorar o “Día Internacional do Orgullo LGTBI+” que serà mañan día 28 de xuño
Segundo estiman fontes municipais, “É preciso visibilizar e normalizar todas as formas que existen nesta sociedade de amor. É un camiño sólido no que tamén debemos estar as administracións” e para levar a cabo a visibilización da campaña,repartiranse pulseiras e lazos coa bandeira LGTBI+, que se poderán conseguir na Biblioteca, no Museo, na Casa Consistorial e no CIM (Finca de Briz).
Dous photocalls
Ademais, colocáronse dous photocalls, un na Praza 8M e outro fronte ao Concello, pensados para que, aqueles que queiran queiran sumarse a esta xornada reivindicativa poda inmortalizalo e subilo ás redes sociais, etiquetando ao Concello de Marín.
“O obxectivo - segundo indican as mesmas fontes - é que se favorezca e potencie unha cultura de respeto e inclusión cara a cualqueira forma de diversidade.