Carriola.Redacción.28.06.23
Tal como adelantou Carriola días atrás, esta próxima fin de semana terá lugar a decimosexta concentración moteira “Villa de Marín” que onte foi oficialmente presentada no concello coa presencia de membros do club “Golfiños” e as concelleira de festas Marián Sanmartín e cultura, Itziar Álvarez.
Do 30 de xuño ao 2 de xullo volveremos desfrutar das motos coa XVI Concentración Motera Vila de Marín, que se presentou esta mañá no Concello, xunto con Golfiños Marín.
O programa do evento, segundo explicaron no momento da presentación indica que, o venres 30 de xuño abriranse as inscricións a partir das 18.00 horas e pola noite abrirán boca o grupo Gran Garaje e o DJ Rubén Díaz. Haberá acampada cuberta con duchas no Sequelo.
O sábado 2 de xullo será a ruta mototurística polo municipio con pincho na carpa e antes da cea haberá exhibición de stunt a cargo de Narcis Roca. Despois da cea para os inscritos, será a tradicional ruta nocturna con antorchas e entregaranse os trofeos e o sorteo tradicional de regalos. Finalmente, de novo o DJ Rubén Díaz pechará a noite.
O domingo será o turno de dúas pequenas promesas, Iker 27 e Kevin 15, que farán a súa exhibición e despois se clausurará o evento cunha sesión vermú na carpa.