Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG solicitamos ao Goberno Local no último Pleno, melloras na organización de eventos

Carriola.Josè Souto (*).27.07.23.

julio@carriola.es

No BNG consideramos que os eventos multitudinarios que se celebran no noso concello poden mellorarse polo ben tanto das persoas que participan dos actos como da veciñanza que vive nas zonas próximas ao lugar de celebración dos mesmos.

José Souto, concelleiro do BNG en Masrín

Son moitas as queixas que recibe o BNG da veciñanza do centro histórico en relación con que moita xente ouriña na rúa, en paredes ou portais das vivendas durante a celebración de eventos de importante participación polo que temos solicitado no último Pleno que debe asegurar a colocación de suficientes baños portátiles nos eventos multitudinarios algo contemplado no Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas que, no seu artigo 14, establece a cantidade de baños portátiles en función do número de asistentes aos eventos.

Ante a resposta da alcaldesa, María Ramallo, de que non lle gustan os baños portátiles lembramoslle que non se trata de se nos gustan ou non, trátase de que está establecido por lei e hai que cumprila.

A colocación de máis baños portátiles reduciría o número de ouriños que, lamentablemente, veñen producíndose nas nosas rúas e nas vivendas dos nosos veciños e veciñas cada vez que hai evento con gran afluencia de público polo que pedimos que se teña en conta para vindeiros eventos como as Festas de Marín, Festa Corsaria, San Migheleiro, verbenas, concertos, etc.

Noutro aspecto, parécenos moi ben a celebración dunha concentración de motos na nosa vila, pois é algo que dinamiza o noso concello e enche de vida Marín durante os días da súa celebración, mais consideramos que, de cara ao futuro, hai aspectos mellorábeis no relacionado coa organización do evento para beneficio de todos e todas. O BNG recolleu numerosas queixas da veciñanza por ruídos durante a noite, especialmente intensos en rúas estreitas onde o ruído amplifícase. Solicitamos entón que o goberno local estableza en futuras edicións unha mellor organización para evitar a circulación das motos durante a noite por determinadas rúas do casco urbano e lembramos que, o Real Decreto 106/2015, de 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galiza, recolle a necesidade de elaborar, tramitar, aprobar e revisar os mapas de ruídos e plans de acción en materia de contaminación acústica correspondentes ás aglomeracións, sendo competencia do departamento de medio ambiente e benestar social.

As emisións sonoras inflúen sobre a vida diaria da cidadanía polo que o ruído ambiental ten a consideración de elemento perturbador do benestar e calidade de vida, sendo, por tanto, necesaria a actuación contra o mesmo, para protexer a saúde pública e o medio ambiente é á nosa interpelación no Pleno, a resposta da concelleira Marián Sanmartín afirmando que Marín carece dun sonómetro e que Marín non ten ningún estudo sonoro da actividade non parece moi afortunada”.

É preciso tratar con seriedade toda clase de eventos de cara a que a súa celebración sexa benefiosa para todos e todas.

(*) José Souto Piñeiro, Concelleiro do BNG de Marín

 

roslev