Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG pide no Pleno da Corporación unha maior limpieza dos contedores de lixo en Marín

Carriola.Celia García (*).31.07.23

julio@carriola.es

O estado no que se atopan os contedores da rúa Almuíña proporciona unha imaxe profundamente negativa para Marín e son moitas as persoas que estes días están a queixarse do estado no que, con moita frecuencia, se atopan os contedores do casco urbano, e particularmente os situados na rúa Almuíña, abarrotados de lixo e provocando moi malos cheiros na zona.

Celia García

Esta situación non é admisíbel en ningún lugar do noso concello, mais cómpre lembrar que estamos a falar dunha zona central da nosa vila, xa que están situados na alameda e en fronte de varios locais de hostalaría.

Estamos en verán, polo que a cantidade de lixo xenerado increméntase notabelmente e a calor acelera a descomposición dos residuos orgánicos, especialmente durante as festas e a celebración de eventos na vila e a ninguén lle sorprende ver como a xente cruza de beirarrúa con xestos de profundo desagrado cando se achega a esta zona.

A situación na que se atopan estes contedores é lamentábel e a veciñanza que vive na zona ou a que se achega para pasear pola contorna non merece soportar esta situación que ademáis, comporrta unha imaxe profundamente negativa para Marín, polo que solicitamos no pasado Pleno da Corporación municipal ao goberno local a adopción de medidas para garantir a limpeza e o lavado dos contedores e da zona na que se atopan.

(*) Celia García Santomé, Concelleira do BNG de Marín

 

roslev