Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta resolve as axudas por máis de 1,6 millóns de euros para impulsar a formación da prevención de riscos laborais

Carriola.Consll. Emprego (R).08.08.23

julio@carriola.es

O DOG publicou onte a resolución das axudas convocadas este ano para apoiar cursos e outras actividades de divulgación da cultura preventiva en asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos. Podían optar a apoios de ata 10.000 euros para realizar estudos sectoriais e de 1.500 para a celebración de xornadas. A Xunta outorgou maior puntuación ás entidades máis paritarias, con cadros de persoal estables e que integren a perspectiva de xénero no eido da prevención. Priorizáronse, entre outros, o apoio ás accións formativas dirixidas á prevención de accidentes marítimos e á poboación traballadora de máis de 55 anos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución do programa de axudas convocado este ano para a prevención de riscos laborais en asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos. Así, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinará máis de 1,6 millóns de euros (un 11% máis que en 2022) a unha trintena de entidades co gallo de apoiar accións de formación, sensibilización e asesoramento neste eido.  

A iniciativa contén dúas liñas de axudas: a primeira, destinada a financiar cursos e xornadas formativas de carácter intersectorial e a apoiar os gabinetes técnicos de prevención de riscos laborais; e a segunda, para promover cursos e xornadas que incidan en sectores específicos.

O programa, en concreto, está dirixido ás organizacións empresariais e sindicais galegas, sectoriais e intersectoriais, así como ás fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral e ás asociacións de autónomos.

Na resolución da convocatoria, a Xunta outorgou maior puntuación atendendo a criterios de paridade nos cadros de persoal, á estabilidade no emprego e a outras medidas de carácter social como a activación de actuacións preventivas en poboación traballadora de máis de 55 anos ou que inclúan a perspectiva de xénero. Priorízanse, ademais, as accións formativas centradas na prevención de accidentes marítimos e en actividades que implican un perigo pola súa natureza.

As entidades beneficiarias podían optar a axudas de ata 10.000 euros para a realización de estudos e de ata 1.500 para a celebración de xornadas, entre outros. As actividades que reciban financiamento deberán celebrarse ao longo deste ano, desde xaneiro e ata o próximo 31 de outubro.  

O e nlace á resolución no DOG é o seguinte:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230807/AnuncioG0656-280723-0001_gl.html 

 

roslev