Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El Stock Marín marcou un récord de facturación durante a súa celebración do pasado fin de semana

Carriola.Jonatnan Carreira (*).09.08.23

julio@carriola.es

O Stock Marín, establécese como o evento comercial de referencia na vila e, a IV Edición deste evento comercial, marca récord de facturación nesta edición coa satisfación dos comerciantes que participaron no mesmo

Carreira

O 100% da/os participantes, manifestan estar interesados en repetir na edición do vindeiro ano e a pesar da situación de retraemento do consumo. O 90% móstranse satisfeitos co volumen de negocio facturado durante o “Stock Marín” polo que o evento se consolida como a mellor maneira de darlle saída aos stocks acumulados.

Con vistas á tempada de inverno

As enquisas que se lle fixeron chegar a todos os establecementos, reflicten outros datos significativos. O 90% dos negocios, confirmaron a súa participación na feira de stocks de inverno, que se celebrará do 12 ao 14 de xaneiro de 2024, tal e como se comentara na última reunión da mesa local de comercio, celebrada hai uns meses.

Unha programación favorable

Os regalos promocionais aportados por Estrela de Marín, o espectáculo de maxia “O Gran Circo de Pulgas” celebrado o domingo, polo que se achegaron 232 persoas, o festival de música “Son Marín” e as condicións metereolóxicas favorables ao evento, contribuiron a que as vendas superaran as cifras das tres edicións anteriores deste evento.

Agradecementos

Desde Estrela de Marín, queremos agradecer a colaboración do Concello que sufragou parte dos custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento. Ademaís, queremos agradecer á Xunta de Galicia que o confinanciase e tamén a actividade de dinamización, posta en marcha o domingo.

O centro comercial aberto Estrela de Marín, contínúa co seu traballo de incentivación e dinamización comercial e a primeiros de mes de setembro, porá en marcha a campaña “A Volta Cole Estrela”.

(*) Yonathan Carreira Figueiras

Director Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

roslev