Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE impulsa a posta en marcha dunha Escola de Nais e Pais para axudar a abordar os problemas da infancia e xuventude

Carriola.Grupo Municipal do PSOE (R).09.08.23

julio@carriola.es

Os socialistas queremos que as nais e pais de Marín poidamos ter charlas especializadas sobre os principais problemas que afectan aos nosos fillos durante a sua infancia e xuventude. Problemas como o fracaso escolar, os transtornos alimenticios, as adicións ao xogo, as depresións... Para elo queremos impulsar unha escola de nais e pais cunha programación estable, amplia, participativa e accesible a través de internet.

A aparición das novas tecnoloxías, as redes sociais, as novas formas de acoso, os diferentes roles sociais, etc. provocan situacións familiares para as que moitas veces as nais e os pais non estamos suficientemente preparados nin formados para afrontalas.

Entender os problemas dos nosos nenos e mozos é o primeiro paso para que poidamos abordalos e poder exercer da mellor maneira posible a crianza e educación nun mundo que para eles non é sinxelo. Que as nais, os pais, os avós, os familiares… dispoñamos de ferramentas e un maior coñecemento sobre cómo afrontalos facilitará que poidamos ter fillos sans e felices, que é o obxectivo de todas as familias.

Por este motivo os socialistas de Marín queremos impulsar a creación dun ciclo estable de conferencias e charlas onde diferentes expertos e profesionais poidan explicarnos estas problemáticas relacionadas coa infancia e a adolescencia. Moitas son as temáticas que queremos que sexan abordadas, entre elas:

  • Hiperactividade e déficit de atención.
  • Transtornos do espectro autista (autismo, síndrome de Asperger, síndrome de Rett…)
  • Transtornos alimenticios (anorexia, bulimia…).
  • Adicións (videoxogos, teléfonos móbiles, apostas online, consumo de drogas, alcoholismo…).
  • Sexualidade (acoso, malos tratos, pornografía, discriminación sexual…).
  • Bulling e fracaso escolar.
  • Transtornos depresivos.
  • Os límites e a xestións das emocións dos máis pequenos.
  • Importancia da vida saúdable (deporte, alimentación, descanso…)

Os socialistas non queremos que se impartan charlas esporádicas, ailladas e inconexas como sucede agora mesmo, se non que se aborde o problema dun xeito integral e decidido mediante a creación dun ciclo de charlas e conferencias estable, riguroso, permanente e participativo e na que tamén poñamos toda esa información para o acceso de calquera persoa a través dunha páxina web onde poder dispor de toda a documentación e videos.

roslev