Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Praza da Capirota acolle hoxe un novo homenaxe na súa lembranza cando se cumplen 87 anos do seu pasamento

Carriola.ARMH,Marín  (R).18.08.23

julio@carriola.es

Hoxe venres día 18 lembramos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" na praza e xardín que leva o seu nome, na rúa da Roda.  No acto, organizado pola ARMH de Marín e que comezará ás 13:00 h., intervirá Montse Fajardo, xornalista, escritora, investigadora e responsable técnica do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra até o pasado mes de xullo, e contaremos co acompañamento musical de A Revolta.

Carmen Pesqueira Domínguez, muller valente e loitadora polos dereitos das traballadoras e traballadores foi vítima da barbarie fascista que quixo silenciala dun xeito vil e covarde. Foi asasinada no Pozo de Revolta, no lugar de Bagüín, o 18 de agosto de 1936, para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa palabra contra o novo réxime implantado polos militares golpistas. Mais non a borraron da nosa memoria nin puideron evitar que ata nos chegara o exemplo e a semente da súa vida, arrebatada por alzar a súa voz reivindicativa ante opresión e berrar as inxustizas.

As Asociacións de Memoria levamos anos pedindo que a impunidade dea paso á xustiza, porque o dereito á verdade e á reparación que esixen as vítimas é un deber moral da democracia.

 

roslev