Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El gobierno local defiende la gestión de la Fiesta Corsaria e invita a que se cursen denuncias si se considera que hubo irregularidades

Carriola.Redacción.22.08.23

julio@carriola.es

A la denuncia pública, que no judicial, o al menos eso parece por el escrito del BNG que referimos en otro apartado de la Carriola de hoy, ya ha respondido el grupo de gobierno posiblemente sospechando que podría haber alguna duda sobre la legalidad del desarrollo de la fiesta. Deesde el concello se nos remite el escrito que a continucación reproducimos y que cada quien opine como le parezca:

A organización da Festa Corsaria é un traballo incansable que se leva adiante desde o Concello coa máxima transparencia, a través da contratación de empresas privadas que surten á festa de todas as necesidades de loxística, organización e posta en marcha das actividades.

Pero precisamente a grandeza da Festa Corsaria pasa tamén por ser un evento con colaboración de múltiples asociaciónsda vila e da contorna, que poden así promocionar a súa actividade e recibir na maior parte dos casos unha remuneración pola súa colaboración.

En virtude da transparencia, estas serían as asociacións que participaron da Corsaria:

* ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA BATALLA DE RANDE:

Colocaron un posto no Parque Eguren no que promocionaron a súa festa, ademais de prestar traxes e armas, tamén participaron no Desfile Inglés e fixeron pasarrúas durante todo o evento.

* ASOCIACIÓN CULTURAL, XUVENIL E DEPORTIVA COMBRUS e ASOCIACIÓN CULTURAL VAMOS A TODO:

Colaboraron a través do préstamo/alquiler de distintos elementos de atrezo e ambientación, como oBarco Inglés, o Barco Corsario, canóns, carros e outros obxectos, ademais de aportar persoal voluntario para a custodia e coidado do barco durante o desfile. Retribuíuse con 2.700 euros á primeira e 2.299 euros á segunda.

* ASOCIACIÓN TROMPOS OS PÉS:

Pola actuación da Batucada Maracumbé Bloco, retribuida con 1.000 euros, ao longo do día.

* ASOCIACIÓN MÚSICO CULTURAL CHARANGA NOROESTE:

Pola súa actuación da Charanga Noroeste, retribuida con 950 euros, por todo o día.

* ASOCIACIÓN CULTURAL AXÉ BAHÍA BATUCADA:

Pola súa actuación, retribuida con 1.300 euros, por todo o día.

* ASOCIACIÓN AMIGOS DOS RAPACES:

Colaboraron coa dinamización e decoración da zona do Lameira, retribuida con 600 euros. A estas, súmanse outras moitas asociacións activas de Marín que participaron con postos, demostracións e decoración no evento na Alameda, Parque Eguren ou Praza 8 de Marzo.

Desde a empresa encargada da xestión e loxística do evento, ademais, adxúntase a documentación referida ás persoas que traballaron no evento e que estiveron debidamente aseguradas, que foron as que realmente desempeñaron traballos imprescindibles para a celebración da festa.

Desde o Concello, recalcamos tamén que non se contratan directamente a traballadores, senón a varias empresas que se encargan da organización da festa e sobre os que recae a contratación.

Esperamos que en caso de que algún grupo detectase irregularidades, cursen a conveniente denuncia, xa que senón están realizando acusacións graves sen unha base sólida.

 

roslev