Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta adxudica por máis de 570.000 euros o aparcamento disuasorio na zona e Ameal, frente ao cemiterio do Campo

Carriola. Infraestruturas (R). 25.08.23

julio@carriola.es

A intervención, cun prazo de 5 meses, consiste na construcción dun aparcadoiro nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202.

O aparcamento contará cunha superficie total de 3.000 m² e disporá de 82 prazas preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.

As instalación incorporarán unha marquesiña para facilitar o acceso ás liñas de autobús, atendendo a petición do Concello de Marín

A Xunta vén de adxudicar por máis de 570.000 euros a execución das obras do aparcadoiro disuasorio na contorna do núcleo de Ameal, no concello de Marín. A intervención, adxudicada á empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A., consta dun prazo de execución de 5 meses. Este novo aparcadoiro emprazarase nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202 e contará cunha superficie total de 3.000 m².

O aparcamento disporá dun total de 82 prazas, 79 en batería e 3 en liña. Ademais, tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos. As prazas terán unhas dimensións de 2,5 por 5 metros, mentres que os carrís de circulación interiores disporán de 4,2 metros de anchura cun só sentido de circulación.

Nas obras prevese a habilitación de itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arborado e alumeado público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas, a ademáis, a petición do Concello de Marín, as obras incorporarán a disposición dunha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.

Esta actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.

 

roslev