Carriola.Redacción.26.08.23
Esta petición de responsabilidade non foi levada adiante pola equipa de goberno, dando as costas a petición trasladada dende o BNG cun sentido constructivo e de colaboración e lamentamos os 40 días perdidos por non tela en conta .”

Tino Iglesias
No pleno do pasado 13 de xullo o Grupo Municipal do BNG trasladou a necesidade de que aínda que a situación naquel momento das reservas de auga nas distintas demarcacións territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa e na conca do Lérez era notoriamente superior ca existente na crise sufrida no verán de 2022, xa que á vista do incremento exponencial do consumo nas últimas semanas e a previsión de ausencia de chuvia nos próximos meses, considerábamos necesario a emisión dun bando ou nota informativa cun espíritu constructivo e de concienciación medioambiental por parte do Concello de Marín co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán.
Esta petición de responsabilidade non foi levada adiante pola equipa de goberno, dando as costas á iniciativa trasladada dende o BNG cun sentido constructivo e de colaboración.
Como non podía ser de outra forma, xa que era visto que íbamos a chegar a esta situación, no día de hoxe a Xunta de Galicia activou a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistema do río Lérez, como comunicou o mércores 23, o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, tras unha reunión da Oficina Técnica da Seca, na que participan Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade.
Seguimento intensivo, anticipación e prevención
A situación de prealerta por escaseza implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveles de ríos, encoros e acuíferos da demarcación afectada. Ademais prevense medidas de concienciación da cidadanía. A Xunta, a través deste seguimento, traballa para acadar a anticipación ou a adopción de medidas ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade de facer un consumo responsable.
Igualmente reitera aos concellos afectados da necesidade de adoptar as medidas que consideren oportunas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga que se realicen no seu municipio.
A Xunta recorda na nota de prensa que cómpre levar a cabo un consumo responsable da auga, evitando malgastala a través da restrición de regas, a limitación do enchido de piscinas ou a reutilización da auga sempre que sexa posible.
Agora, seguramente o Goberno Local, SÍ tomará nota da recomendación da Xunta de Galicia e emitirá un bando ou comunicación informativa apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga pero lamentamos os 40 días perdidos por non ter en conta a petición do BNG.”