The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG móstrase preocupado polas industrias relacionadas co tecido pesqueiro

Reproducimos íntegramente unha nota de prensa remitida polo BNG.

O Bloque Nacionalista Galego ven de realizar unha rolda de prensa na súa sede comarcal, situada na localidade de Moaña, para transladar a posición da organización nacionalista sobre o proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética que se está a debatir no Parlamento do estado, da man do deputado nacionalista Paulo Ríos e das representantes do BNG das distintas localidades da comarca.

Este novo proxecto de lei está a causar unha grande preocupación no tecido pesqueiro e marisqueiro do noso país. Dende o BNG acreditan na necesidade de lexislar para favorecer unha transición xusta de cara ao uso de enerxías renovábeis que contribúan a reducir os gases de efecto invernadoiro e paliar no posíbel os efectos presentes e futuros do cambio climático.

 Porén, o deputado nacionalista, Paulo Ríos, translada que este proxecto de lei, no seu artigo 18, perxudica gravemente os sectores pesqueiro e marisqueiro do noso país, así como as actividades inducidas, como poden ser as depuradoras de marisco, cocedeiros, conserveiras etc, básicas para o mantemento do sector.

 Aclara, Ríos, que o artigo 18 representa unha modificación na lei de Costas que entra en conflito directo coas necesidades da cadea mar-industria. Sinala, tamén, que a formación nacionalista ten impulsado diferentes iniciativas nas distintas institucións nas que ten representación, para intentar salvagardar os dereitos e as necesidades do sector ante este proxecto de lei.

 Son varias as empresas do sector do mar na comarca do Morrazo afectadas que, de aprobarse este artigo 18, atoparíanse na situación de ter que abandonar as súas actuais localizacións.

 “O estado ten que entender a necesidade de manter na súa localización ás empresas e actividades relacionadas directamente co mar, e non deixar que un sector tan importante para Galiza desapareza” afirma o deputado nacionalista.

 Nese senso, o BNG presentou máis de 30 emendas a este proxecto de lei, na que foi incluída unha emenda de supresión do artigo 18, deixando a posibilidade de transaccionar esta emenda, excluíndo do artigo as actividades da cadea mar-industria, defendendo os intereses dun sector tan importante para o noso país, como é o pesqueiro e o marisqueiro.

 Conclúe, Ríos, afirmando que “O BNG reafirma o seu compromiso coa retirada de ENCE da ría de Pontevedra, afectada tamén por este artigo, por tratarse dunha industria afincada en territorio marítimo pesqueiro sen ter ningún tipo de relación coas actividades da cadea mar-industria”