Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Padroado de Mareantes esixe respecto pola festa de San Miguel declarada de Interés Turístico de Galicia

Carriola.Redacción.01.09.23

Remate do acto institucional no Concello o día de San Miguel

A polémica surxida este ano pola celebración do sanmigueleiro e o San Miguel que para uns é bo que se fagan practicamente xuntas e, para outros, deberían ser separadas para evitar confrontacións de intereses dos bares por un lado, e da festa de interès cultural de Galicia, por outro, ten un novo capitulo pois agora é o Padroado de San Miguel  que remite un comunicado evidenciando a súa postura ao respecto e que reproducimos íntegramente a continuación:

O Padroado de Mareantes de San Miguel en relación aos diferentes comunicados e noticias aparecidos nos últimos dias relativos a data de celebración do “san migheleiro” quere deixar  clara a nosa posición ao respecto:

O Padroado de San Miguel e unha Asociación legalmente constituída desde 1999, con rexistro na Xunta de Galicia. A directiva do Padroado esta formada por catro membros do Ateneo Santa Cecilia que asumen a presidencia, as concelleiras de Cultura e Turismo do concello de Marín, o cura párroco de Marín, os mestres de Danza do Padroado e de “Meigas e Trasgos” e a representante do grupo Beiramar.

San Miguel é o patrón de Marín  e das xentes do mar. Na súa honra os marinenses desde fai mais de 400 anos bailan unha “danza branca” A danza de espadas de San Miguel na que participan 200 danzantes, mulleres e homes.

No ano 2010  a festa de San Miguel e a Danza de Espadas foi declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”  polas súas características únicas  e diferentes de outras danzas. A data de celebración  pasa a ser no domingo mais próximo ao dia 29 de setembro (San Miguel).

Pola súa antigüidade, tradicións, figuras, musica etc. forma parte do noso patrimonio cultural e así esta recoñecido en diferentes documentos históricos.

O Padroado de Mareantes de San Miguel ten a obriga e a responsabilidade de coidar, difundir e transmitir este legado  cultural as novas xeracións.

Desde fai 8 anos (2015) no sábado celebramos actividades nas que se poñen en valor as danzas brancas que se conservan en Galicia convidándoas a participar da nosa festa. Este ano a convidada e a “Farsa de Santa Cristina de Lavadores” (Vigo)

O Padroado de San Miguel non entra en ningunha polémica nin enfrontamento coa celebración do  chamado “san migheleiro” , so pedimos que se respecte a  nosa data para que non se vexa alterada  a súa celebración.

En diversas ocasións en reunións mantidas co Concello e con unha ampla representación dos bares e hosteleiros acordouse que a celebración do “san migheleiro” non coincida na mesma fin de semana o cal beneficiaría a ambas partes.

Como sexa que nos últimos dias apareceu de novo un cartaz con unha convocatoria para a mesma fin de semana e polo que volvemos  solicitar unha reunión para que se nos aclarase o cambio de postura  e saber que dia se vai  celebrar o “san migueleiro”, sendo o San Miguel o domingo 1 de outubro, e tendo a danza convidada para actuar na Alameda Rosalía de Castro o sábado dia 30 de setembro as  19,30 h.

Unha parte dos hosteleiros que antes apoiaran a celebración para o sábado  dia 23 de setembro  agora sumáronse  aos que a última hora decidiron  celebrala o sábado 30. Con todo o que iso conleva para que os nosos actos se poidan celebrar con a debida brillantez,

Diante de esta situación vémonos na obriga de sacar este comunicado e advertindo que é posible que non se poidan celebrar unha parte dos actos de San Miguel nin da Danza de Espadas cos prexuízos que iso ocasiona para as posibilidades de que sexa declarada festa de interese turístico español. Ademais de que os bares perdan unha fin de semana de actividade cando podian disfrutar de duas. A do 23 “san migheleiro” e a do 30 San Miguel.

Desde o Padroado de San Miguel facemos unha petición para que en vindeiros anos non se volva a repetir esta situación e se celebren os dous eventos en fins de semana consecutivos, tendo en conta que o San Miguel se ten que celebrar no domingo mais proximo ao 29 de setembro

 Asinado: O Padroado de Mareantes de San Miguel.

roslev