Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cuarta edición do programa “Galegas Dixitais” dirixido a mulleres que queren mellorar a dixitalización

Carriola.Redacción.07.09.23

Tras o éxito polo interés suscitado no sector feminino nas anteriores edicións deste esmo curso, o concello organiza un novo curso de dixitalización que dará comenzo o día 18 finalizando o 30 de novembro

Segundo a información que nos chega desde o Concello, “A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero é un dos eixos nos que se apuntala o programa Galegas Dixitais, que volverá nunha nova edición á Aula CeMit da Biblioteca Municipal. Está dirixido a mulleres de Marín e será do 18 de setembro ao 30 de outubro, en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas”.

Programa e título oficial

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades w, coa realización completa da formación, as participantes recibirán un título oficial acreditativo, emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia e, ademais, as alumnas serán obsequiadas cun ordenador portátil Chromebook, que xa será foi entregado ao inicio da formación para que o utilicen na mesma.

Reunión informativa

Así a todo, o día 13 de setembro haberá unha reunión informativa na Biblioteca ás 10.00 horas para que poida asistir toda persoa interesada nesta formación. Para máis información e inscricións: galegasdixitais.es ou a través do teléfono 604039575.

O curso - engade a información do concello -é gratuíto e será na Aula CeMit da Biblioteca Municipal, en horario de mañá, do 18 de setembro ao 30 de novembro. É preciso inscribirse previamente a través de galegasdixitais.es e o 13 de setembro haberá unha reunión informativa na Aula Cemit para todas aquelas persoas interesadas. 

 

roslev