Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

TRIBUNA ABERTA : Os Patrimonios enterrados. Marín e Pompeia

 OS PATRIMONIOS ENTERRDOS: MARÍN E POMPEIA

Carriola.Por Juan Méndez.08.09.23

Son moitas as marabillas que se poden ver en Pompeia. Creo que sobre todo, a sensación que transmiten estes lugares de facernos viaxar nunha máquina do tempo, un paseo a outra época. Neste caso, a súa arquitectura urbana, o deseño das rúas, as fermosas casas, o erotismo nas paredes en distintos espazos, a presencia intimidante do Vesubio. Unha visita que hai que combinar co Museo Arqueolóxico de Nápoles, onde se trasladaron a maior parte de obras e mosaicos desenterrados nesta Vila. Recomendo a visita a este sitio arqueolóxico fora do vran e permanecer ata o solpor (última hora), cando marchan case todos os grupos de turistas, e a cidade queda en silencio. So silencio, e o tempo.  

Pois con todo isto que ofrece esta Vila, o que más me fascinou foron as marcas escarvadas polos carros feitos nas pedras das rúas o pasar do tempo. Cantas veces tiveron que pasar carros, para facer as profundas marcas case de media roda de carro de profundidade na pedra no chan. Cantos paseos, cantas saídas a guerras, cantas vodas e cantos funerales en carro para facer eses surcos…Unha vila enterrada desde o ano 79 DC ata o 1748 DC, que foi redescuberta. Baixo cinzas...

Imos exaxerar a comparación lóxicamente, pero algúns espazos de Marín fannos lembrar a Pompeia. Nós non tivemos un volcán en erupción, fomos nos mesmos coa mesma potencia e indolencia, no último século soterrando espazos emblemáticos cun semellante efecto devastador sobre o que era unha cultura milenaria para facer emerxer unha impostada nova.

Non foi so o novo diseño industrial ou militar os que se fixeron de costas o sentido común. Hai pouco, o ultimo camiño case medieval, similar a como están feitas en pedra todas as rúas de Pompeia, tamén se soterrou: a subida pola costa o colexio San Narciso, antiguo Paules, foi cementada para sempre, sen ningún remordemento e sen deixar ó menos un anaco de recordo e historia. Os edificios construídos “enriba” do Lameira, sobrevoando o rio, foron defendidos por concelleiros no pleno deste xeito: “el rio ya está urbanizado” , e hoxe vemos nun Concello cunha extensión de ata 36,7 kilómetros cadrados, que construímos o auditorio enriba do que foi a antiga praia urbana. A lista de espazos derrubados/enterrados é casi interminable. Ata o estuario do rio, un dos espazos mais fotografiados e debuxados da Vila, desapareceu, para construir instalacións  e preparar rapaces para a guerra, qué contradicción ¡

Hai outro pequeno paralelismo Pompeia-Marín con camiños de pedra con surcos o que lle temos especial estima. Espero que non se nos ocurra a algun dia formigonalo.... Este sendeiro tivemos a sorte uns cantos ilusos en recuperar para a “Andaina Montes e Praias de Marín”. Durante case 1 km esta andaina percorre o que creemos que era un antigo camiño real de Marín a Moaña. Todavía ahí, nese espazo podemos ver como o camiño ten surcos feitos polos nosos devanceiros pasando unha e outra vez con carros.

A foto que vos acompañamos das Praias “Dos Homes e das mulleres”, é outro exemplo de patrimonio enterrado. Unha imaxe que tamén recorda a escena final de “El Planeta de los Simios”: A película reflexa a idea dunha  destrución total, feita polos propios homes, un desleixo a ti mesmo. No noso caso, arrasar praias simplemente para que camións militares aparquen enriba. Este patrimonio enterrado pódese visitar, para a miña vergoña, en cada baixa mar, e imaxinar como eran estas praias, este patrimonio natural idiosincrático da Vila.

Nestas eleccións alegrounos que os partidos PSOE e BNG, levaran nos seus programas desterrar unha parte do rio, e recuperar un parque no que foi o estuario do Lameira. Mais alá das dificultades, trátase de erguer unha bandeira do que sucederá antes o despois no futuro, se a destrución do planeta nos da tempo. Desenterrar unha parte do que nunca debeuse de ter enterrado. Todo o noso apoio. Ogallá os que nos sucedan aprendan a manexar mellor a historia e o espazo, e menos a “poñernos no mapa” ¡.  

 

roslev