Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Estrela de Marín recorda que ten en marcha a campaña “Volta ao Cole” con sorteo de vales compra

Carriola.Redacción.11.09.23

“Volta ao Cole con Estrela” é a denominación da campaña de promoción comercial que Estrela de Marín ten aberta ata o día 20 deste mes coa que se pretende premiar a fidelidade dos clientes para con o comercio local

Ata 20 de setembro, temos en marcha a promoción "Volta ao Cole con Estrela". Esta Campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.Deste xeito, sortearase un total de 300€ en tarxetas regalo do Comercio do Morrazo: unha tarxeta de 100€, 2 de 50€ e 5 de 20€.

Participación

Para poder participar na campaña, os clientes deberán rexistrar os seus tickets de compra, no formulario habilitado para tal fin en https://www.estrelademarin.gal/campana-volta-ao-cole/.

A campaña presentouse na sede social de Estrela de Marín, e contou coa presenza da Alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo, do Delegado Territorial de Pontevedra D. Agustín Reguera, da Xefa Territorial de Industria Dª Beatriz del Olmo, da Concelleira de Comercio e Consumo do Concello de Marín Dª Cristina Acuña e do Director Xerente do CCA Estrela de Marín D. Yonathan Carreira. 

 

roslev