Carriola.Ateneo S.Cecilia.26.09.23
julio@carriola.es
A exposición fotográfica “Olladas” permanece aberta no local social do Aeneo Santa Cecilia ata o día 28 de este mes de setembro
Actualmente a nosa sala exposicións conta dunha mostra fotográfica titulada "Olladas". Cinco aproximacións moi diferentes da fotografía dentro do espazo público (máis comunmente coñecida como "fotografía callejera" ou "fotografía de calle", aínda que os seus autores queren afastarse de este argot).
En esta exposición colectiva poderemos desfrutar dunha pequena parte dos traballos de os/as seguintes fotógrafos/as:
TETE ESTATE, natural de O Carballiño e membro da Asociación Fotográfica "Os Potiños". Poderemos ver parte do seu proxecto "Lineas Rurales", no que Teté da a súa visión sobre a nosa arquitectura tradicional.
O fotógrafo de O Rosal, ALBERTE PEREIRA, leva dende 2012 mergullándpse e reflexionando sobre o espazo urbán a través da fotografía. Ao Ateneo traerá parte do seu traballo "Rastros".
GONZALO ARNEJO, reside en Madrid dende fai un tempo, pero é de Pontevedra. Desenrola gran parte da súa acción fotográfica no Metro de Madrid. Presentará a súa serie "Polímero".
Tamén estará presente nesta exposición a serie "Días de Domingo", do marinense ALBERTO PEREIRA. Practica e domina varias disciplinas fotográficas: retratos, fotografía paisaxe e fotografía minimalista, pero dende fai un par de anos o seu traballo adquire un carácter máis documental, interesándose tamén pola "fotografía de calle".
Por último, o tamén marinense, PABLO YARZA. Adéntrase na fotografía de calle y de viaxes en 2016; no seus inicios, faino de forma completamente autodidacta e máis adiante fórmase acudindo a talleres específicos. Aquí expoñerá unha pequena mostra do seu traballo "Los días Raros", un proxecto que pódese acotar entre o persoal e lo documental.