Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Máis de 930 nenos e nenas participarán nas Escolas Deportivas Municipais que xa teñen aberta a inscrición

Carriola.Concelleria de Deportes.03.09.23

julio@carriola.es

Publicadas as listaxes de admitidos nas Escolas Deportivas Municipais Máis de 930 nenos e nenas beneficiaránse deste servizo municipal. Activáronse todas as disciplinas ofertadas, a excepción de tenis de mesa e waterpolo, que non tiveron demanda abondo, e natación, que comezará en canto sexa posible en función das obras da piscina municipal.

Desde hoxe martes comezan rodar as Escolas Deportivas Municipais, o ambicioso proxecto deportivo público que permite que máis de 930 nenos e nenas escollan entre unha amplísima variedade de disciplinas deportivas para adestrar na súa vila, por apenas 50 euros ao ano. Tal e como explicou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, pechouse o prazo para a inscrición e xa se poden consultar as listaxes de admitidos na páxina web do Concello e a través de redes sociais. As disciplinas que terán escola son:

* Acrobática Club Vila de Marín 34

* Atletismo Club Atletismo San Miguel 36

*Bádminton Club Bádminton Pontevedra 6

* Baloncesto Club Baloncesto Peixefresco 54

* Boxeo Team Thunder 83

* BTT Club XSM 12

* Fútbol Escuela de Fútbol Villa de Marín 34

* Fútbol Sala Club Deportivo La Peña 57

* Fútbol Sala Marín Futsal 84

* Hip hop Asociación Pasos Biale Galicia 26

* Judo Asociación Deportiva Dom+ 74

* Kickboxing ABP Pontevedra 15

* Paddle Surf Imua Paddle Surf 22

* Padel Seimarin2019 44

* Patinaje Club Patinaxe Marín 52

* Piragüismo Club Marítimo Tambo

* 14 Remo Club de Remo Ría de Marín 30

* Rítmica Club In Mare 11

* Rítmica Club Rítmica Agarimo 49

* Salvamento Club SAPO Pontevedra 15

* Taekwondo Club Deportivo MATS 46

* Tenis Club de Tenis Marín 47

* Triatlón Club Deportivo Pinarium 33

* Vela Real Club de Mar de Aguete 16

* Voleibol Club Deportivo SEI SN 38

* Natación Soom Pendiente

No caso de tenis de mesa e waterpolo, non se alcanzou a demanda suficiente para configurar a Escola e a e natación está pendente de arrancar en canto se remate coas obras da piscina municipal.

roslev