Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Talleres formativos organizados polo GALP sobre as novas axudas para proxectos no seu ámbito territorial

Carriola.G.A.L.P..07.09.23

julio@carriola.es

Os talleres brindarán asesoramento sobre a presentación de proxectos ao amparo da EDLP. Marín, Poio e Sanxenxo acollen estas accións formativas dirixidas a empresarios/as, asociacións, entidades do sector pesqueiro e da economía azul para dar a coñecer as axudas. Entre 2016 e 2022, os GALP desenvolveron 703 proxectos, mobilizando preto de 80 millóns de euros

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) desta Ría , en colaboración cos Concellos de Marín, Sanxenxo e Poio, organiza tres talleres informativos dirixidos a  empresarios/as, asociacións e entidades do sector pesqueiro, con motivo da convocatoria de axudas ao amparo do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, cuxo prazo de presentación de proxectos finaliza o 26 de outubro do presente ano.

Informar e asesorar

Estes talleres informativos teñen como obxectivo proporcionar asesoramento e información detallada sobre a presentación de solicitudes de axudas a proxectos ao amparo da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Ría de Pontevedra. Durante as xornadas, presentarase a convocatoria de axudas facendo fincapé nas novidades respecto do período anterior, seguido dun espazo de networking e un taller práctico sobre como presentar un proxecto. 

Calendario das xornadas

Estas sesións están programadas para os días 9, 10 e 11 de outubro en Marín, Poio e Sanxenxo respectivamente.

A primeira xornada en Marín o luns 9 de outubro, está dirixida a empresarios/as e entidades do sector pesqueiro e da economía azul e terá lugar no Espazo emprendedor de innovación alimentaria de Marín. A segunda xornada, o martes 10 de outubro, é para asociacións e celebrarase no Pazo Besada en Poio. Finalmente, a terceira xornada, o mércores 11 de outubro, está dirixida a empresarios e celebrarase no Real Club Náutico de Sanxenxo.

A xornada destinada ás asociacións está especificamente dirixida a aquelas entidades do territorio que queiran desenvolver proxectos dirixidos a fomentar as actividades náuticas, promocionar os produtos pesqueiros do territorio, fomentar o ambiente mariño e costeiro e/ou promover o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro.

Participación gratuita con inscripción previa

A participación nestes talleres é gratuíta, pero require inscrición previa debido ao aforo limitado. O GALP Ría de Pontevedra anima a todas as persoas e entidades interesadas en contribuír ao desenvolvemento sustentable e integrado da Ría de Pontevedra a asistir a estes talleres e a aprender máis sobre as oportunidades de financiamento dispoñibles.
Para máis información e inscricións, pódese contactar co GALP a través do teléfono 886 213 015 ou do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com

As axudas

As axudas están enmarcadas no Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e dirixidas a impulsar proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible das áreas pesqueiras da Ría . Contan cun financiamento do 70 % e 30% do FEMPA e da Consellería do Mar, respectivamente A convocatoria de axudas ao amparo do FEMPA está rexida pola ORDE do 14 de setembro de 2023, que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMPA 2021-2027, e convoca as correspondentes ao ano 2023.

Oitenta millóns en 703 proxectos

O desenvolvemento local participativo é unha modalidade de desenvolvemento territorial dirixido, neste caso, a fomentar unha economía azul sostible en zonas costeiras, insulares e interiores, e promover o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas

Entre 2016 e 2022, os GALP desenvolveron 703 proxectos mobilizando preto de 80 millóns de euros, máis do 53 % corresponde a axuda privada, mostrando a capacidade do programa para favorecer o investimento privado en comunidades costeiras dependentes da pesca.

Os GALP, xunto coa Consellería do Mar, xestionarán as axudas, promovendo a sostibilidade ambiental e asegurando que as operacións financiadas se manteñen en consonancia coa política pesqueira común e a lexislación ambiental da Unión.

 

roslev