Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A morte na Cultura Galega; Reflexións a través da conferencia de Rafa Quintía

Carriola.Almuinha.16.10.23

Unha mirada as nosas raíces e ao legado cultural que nos une coa memoria dos nosos antepasados.

O pasado 13 de outubro, celebrouse unha conferencia na Biblioteca de Marín Vidal Pazos, na que se mergullou na profunda cultura da morte en Galicia. Coa presenza do experto en historia e cultura galega, Rafa Quintía, exploráronse os estreitos vínculos desta cultura con festividades emblemáticas, como o Día dos Defuntos e o Magosto, subliñando a importancia da comuñón entre vivos e defuntos.

Durante a conferencia, Rafa Quintía profundou nas antigas costumes galegas, especialmente aquelas relacionadas co Día de Defuntos, unha festividade que simboliza a sutil barreira entre o mundo dos vivos e dos mortos. Tamén se exploraron as celebracións do Magosto, que renden homenaxe á colleita e á conexión coa terra, así como a reverencia aos antepasados falecidos. Estes eventos marcan o inicio dun ciclo dedicado a explorar diversos aspectos culturais de Galicia ata o Entroido.

Quintía destacou que a cultura galega ten unha longa tradición de aceptar experiencias que noutros lugares poderían considerarse sobrenaturais e expresou a súa preocupación pola perda gradual dos mecanismos tradicionais da sociedade para xestionar o tránsito e o loito relacionados coa morte. Fixo fincapé na importancia de normalizar a conversa sobre este tema, outorgándolle a naturalidade que merece para comprender e asimilar a morte como parte integral da vida para evitar que se converta nun trauma. Lembrou que, tarde ou cedo, todos enfrontaremos a morte e que é crucial abordar este tema con naturalidade.

Esta conferencia brindou unha oportunidade única para explorar a profundidade da nosa cultura e tradicións, recordando a importancia de preservar a nosa identidade cultural no medio das influencias externas. Quintía fixo notar que “estamos algo desorientados”, aínda que con boa intención, ao querer reaccionar a un proceso de culturización norteamericado, co Halloween, porque “estamos facendo o mesmo colocándolle outro nome e potenciándoo aínda máis” A celebración de Defuntos en Galicia é un reflexo auténtico da nosa identidade enraizada en tradicións ancestrais que merecen ser honradas e protexidas. Ao resistir á americanización cultural e manter viva a nosa herdanza, enriqueceremos a nosa cultura e renderemos homenaxe aos nosos antepasados.

roslev