Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Os termos culinarios nos receitarios da Idade Maedia e Moderna”, conferencia de Anxo Soto hoxe no Ateneo

Carriola.Redacción.20.10.23

julio@carriola.es

Esta tarde, as 20:00 h. o profesor de FP na especialidade de cociña e pastelaría no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, Anxo Soto García, impartirá unha charla no Ateneo Santa Cecilia, baixo o título "Os términos culinarios nos receitarios da Idade Media e Moderna", obxecto da súa teses doutoral en Filoloxía e Lingüística.

Na charla falarase sobre os primeiros receitarios de corte femininos e conventuais que houbo na Península Ibérica durante a Idade Media e a Idade Moderna. Tratarase sobre a importancia destas edicións ata ben entrado o século XIX e poderase comprobar como estas receitas chegaron ata os nosos días.

O profesor Soto entrará no fondo do receitario de Francisco Martínez Montiño, Arte de Coziña, Pastelería, Vizcochería y Conservería (1611), onde falará dos termos culinarios deste manual, algúns deles vivos e outros lingüisticamente perdidos. Coma por exemplo:  perdigar, lamprear, encerar, etc.
Así mesmo amosará na charla receitarios antigos do secúlo, XVII, XVIII e XIX

Anxo Soto, unha autoridade lingüistica e culinaria

O conferenciante desta tarde no Ateneo de cuias artes culinaris coñecemos moitos marinenses polo seu labor de cociñeiro, atesourae o seu sorprendente e impresionante curriculo personal, se cadra insospeitado para a maioría,  cargados de títulos e estudios que son a garantía do interesante e didactico contido da charla que ofrecerá esta tarde no Ateneo. Cociñeiro, seguramente por riba de calquera outra condición, Anxo Soto é

Profesor de secundaria en FP na especialidade de cociña e pastelaría no CIFP Carlos Oroza; Graduado en Lengua y Literatura Españolas; Máster en Estudios Hispánicos e lingüística  e, Doutor en Filoloxía e Lingüística pola UNED e a USC.

roslev