Carriola.Dani Antelo.25.10.23
julio@carriola.es
Esta segunda edición presenta como novidade o anuncio por parte da organización dun novo Clube Audiovisual, coa expectativa de que sexa un referente no Concello: “ainda temos moi recente a entrega de premios do festival de cinema organizado este pasado agosto, pero como comentei noutras ocasións, trátase de que a sétima arte vaia collendo protagonismo entre os veciños e veciñas de Marín, non só do núcleo urbano, senón tamén do resto de parroquias”. (Dani Antelo; produtor do JBF-John Balan Fest).
Trátase de ir probando, para que nun futuro, a curto prazo, realicemos un único evento que concentre unha semana adicada a proxeccións de relevancia e actividades formativas relacionadas co eido audiovisual. Dende o clube traballaremos a prol de xerar unha conciencia que vexa a industria do cinema como unha industria máis, necesaria e imprescindible para dar a coñecer as nosas inquedanzas, a nosa forma de vivir como galegos e galegas.
A II Mostra de Cine de Marín terá lugar os días 18 e 19 de novembro na Casa de Cultura de San Xulián; a segunda edición desta actividade con espíritu itinerante, para fomentar o cinema independente ó longo do municipio.
A programación estará formada por parte das obras que non pudieron ser proxectadas no certame celebrado no verán por falta de espazo na carteleira. A lista completa dos filmes darase a coñecer nos vindeiros días, a través das redes sociais @JOHNBALANFEST e as canles oficiais de comunicación do Concello de Marín. Entre os títulos, o público poderá desfrutar de obras como A Moza da Bufanda Vermella de Martín Caínzos, coa participación de Marta Doviro e Pedro Brandariz, ou o documental Alegría, sobre o desastre ambiental do Prestige, que cumpre nada máis e nada menos que venti un anos.