Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín” pon en marcha a campaña “Encende a Reciclaxe” financiada polo Plan Social ENCE

Carriola.Yonathan Carreira (*).25.10.23

julio@carriola.es

“Encende a Reciclaxe”

Dende o CCA, poñemos en marcha a campaña de concienciación medioambiental, financiada polo Plan Social de Ence, “Encende a Reciclaxe” para concienciar a clientes e comerciantes no respecto a o medioambiente

Baixo o nome de Encende a Reciclaxe”, poñemos en marcha este proxecto que conta con dous obxectivos principais: o primeiro a redución de bolsas de plástico dun só uso e o segundo a sensibilización sobre as repercusións sociais e ambientais do uso excesivo de bolsas de plástico dun só uso no comercio.

As bolsas de plástico dun só uso que se reparten gratuitamente nos comercios, convértense rapidamente nun residuo. Tanto a fabricación das bolsas como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais e económicos.

Estímase que cada persoa usa unha media de 238 bolsas ao ano . Con esta campaña, que conta coa financiación do Plan Social de Ence, pretendemos, tamén, que os establecementos asociados e os seus clientes, se conciencien da importancia que ten a redución do consumo, de bolsas dun só uso para cumplir así co fixado na lexislación europea e incrementar o respecto ao medioambiente.

Deste xeito, hoxe mércores 25 e o martes 31 (en horario de 10.30 a 12.30),instalaremos un stand informativo na Praza de Abastos no que se informará a todasas persoas sobre a campaña, podendo conseguir unha das bolsas reutilizables. Para isto, deberán entregarnos a cambio dúas bolsas de plástico dun só uso.

Toda a información, sobre a campaña está dispoñible na web:http://encendeareciclaxe.es/

(*) Yonathan Carreira é o Director Xerente de Estrela de Marín

roslev