Carriola.Lucía Santos Omil (*).26.10.23
Estes actos violentos e inxustificados foron en aumento dende o comezo da pandemia como resultado das políticas austeras levadas a cabo polo PP

Lucía Santos Omil
Na última sesión do pleno municipal, celebrada o pasado mércores día 18, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestamos o noso rexeitamento absoluto pola agresión a un traballador do PAC de Marín o pasado13 de outubro.
Os profesionais dos centros sanitarios levan anos demandando medidas de seguridade fronte a este tipo de incidentes, que lamentablemente, cada vez son máis frecuentes, especialmente na atención primaria, onde o contacto cos pacientes é máis prolongado.
No ano 2022, o sistema de saúde en Galiza rexistrou un total de 843 agresións a traballadores da sanidade, o que representa un preocupante aumento do 38% en comparación co ano anterior. Ante este incremento de actos violentos, os profesionais da saúde solicitaron a implementación de medidas preventivas e disuasorias para evitar futuras agresións
Estes actos violentos e inxustificados foron en aumento dende o comezo da pandemia, como resultado directo da precaria situación que atravesa o sistema de saúde pública. A sociedade está sufrindo as consecuencias da falla dunha atención sanitaria adecuada debido ás políticas de recortes e privatización levadas a cabo polo goberno do Partido Popular (PP) na Xunta de Galiza.
Neste contextoinstamos á alcaldesa María Ramallo a exercer o seu cargo e defender os intereses da veciñanza de Marín, esixindo melloras no servizo público de saúde.
O BNG reafirm o seu compromiso de seguir loitando por unha atención sanitaria de calidade e por respecto e recoñecemento aos traballadores da saúde, quenes continúan brindando o seu servizo en circunstancias difíciles. A solidariedade e o apoio son esenciais para superar os desafíos actuais e construír un futuro máis seguro e saudable para Marín.
(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz municipal do BNG de Marín.