Carriola.Helena Caiña.01.11.23
julio@carriola.es
Tralo sorteo efectuado a mediodía de onte na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", o gañador foi Antonio Rosales Rosales quen selou a súa tarxeta nos comercios Carnicería Manuel Angel, Green & Grey y La semilla polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
Neste caso, Antonio forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores e recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio terá lugar o mañá Venres día 3 de novembro ás 12:00h no comercio Green & Grey, no transcurso do mesmo o gañador recibirá os 150€, en vales compra.
Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo da.
campaña que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.