Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia retoma a celebración das "Xornadas Micolóxicas" que sempre tiveron gran participación

Carriola.Redacción.03.11.23

julio@carriola.es

Chegado este tempo  cada ano o Ateneo Santa Cecilia organizaba unhas xornadas moi especiais como eran as micolóxicas nas que moitos se aficionaron á recollida de cogumelos e a coñecer moi ben a diferencias os bos e os malos.

A pandemia interrumpeu unha boa tradición no Ateneo Santa Cecilia donde se forxaron moitos amantes dos cogumelos  que aprenderon cando, hai moitos anos, esta asociación cultural decidiu adicar parte do seu contido neste tempo á Micoloxía.

Cabe lembrar a Fernando Rodríguez e Juan Moldes que foron verdadeiros promotores desta actividade que agora se recupera unha vez pasado, ao parecer, o máis peligroso de Covid e alegrarse de que o Ateneo organice estas xornadas nas que personalidades no tema, como a bióloga Puri Lorenzo; o presidente do “Grupo Micolóxico Luis Freire”, Óscar Requejo e o Inxenieiro Agrónomo, Jaime Blanco, disertaràn en outros tantos días sobre diversos aspectos do tema e todo elo completado, como é tradición, cunha saída ao monte por onde localizar exemplares de cogumelos sempre dirixida polos que saben, saída que será o día 11 en hora e lugar a determinar no seu momento.

O mércores, día 8 comenzará o ciclo coa primeira charla sobre “Iniciación á Micoloxía”. Non hai mellor maneira que empezar o evento.

roslev