Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Maribel Longueira inaugura hoxe no Museo Torres a súa mostra artística de textil coloreado

Carriola.Redacción.08.11.23

julio@carriola.es

A artista Maribel Longueira será a protagonista da exposición que se poderá visitar este mes no Museo Municipal Manuel Torres e que se inaugurará hoxe ás 19.00 horas. Unha mostra protagonizada polo textil coloreado con tintes naturais, que fai reflexionar sobre a arte do tintado, como foi marcando a historia antropolóxica da moda e como a día de hoxe o natural foi substituído por cores sintéticas, utilizando incluso materiais perxudiciais para a saúde.

Maribel Longueira é Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, artista coruñesa leva desde 1990 adicada á fotografía, formándose con profesionais da imaxe como Chema Conesa, Isabel Muñoz, José Mª Mellado, Isaki Lacuesta, ...Christian Caujoulle, Rickky Davila ou Castro Prieto, entre outros.

Na actualidade comparte o interés da fotografía co mundo textil, na súa faceta de cor, experimentando con diferentes fibras textís, lá, algodón, seda, etc.

roslev