Carriola.Concello.12.11.23
julio@carriola.es
A cita anual de novembro coas “Xornadas Blanco Freijeiro” veñen sendo durante os 21 anos anteriores un conglomerado de cultura da antigüedade e, este ano, acertadamente, da man unha vez máis de “Anta de Moura”, terán como tema “A Chegada de Roma a Galicia sendo as datas desde o 27 deste mes ao 3 de decembro as escollidas para o desenrolo do ciclo.
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, presentou as XXII Xornadas Blanco Freijeiro, xunto co coordinador do ciclo, Juan Castro, e a sobriña do noso veciño predilecto que lle dá nome ás xornadas, María Sancho, que se celebrarán do 27 de
novembro ao 3 de decembro na Biblioteca Municipal Vidal Pazos.
Contido desta edición
O tema escollido para esta edición das Xornadas está relacionado coa recente creación dunha Sala de Arqueoloxía no Museo Torres, que comezou a súa programación cunha exposición temporal sobre o mundo romano en Marín. As Xornadas reforzan esa temática e pechan o círculo, tratando o que supuxo a chegada de Roma ao noroeste peninsular, ao que os romanos denominaron Gallaecia.
Os distintos relatorios xiran en torno a esta idea. Dous deles estarán dedicados a dúas das tres capitais, Lucus Augusti, actual Lugo, e Bracara Augusta, actual Braga. A terceira foi Asturica Augusta, actual Astorga. Coñeceremos o papel que xogaron estas cidades no proceso de romanización do noroeste ou na administración do territorio, ademais do seu urbanismo e arquitectura. Pero a primeira conferencia tratará sobre o campamento romano de Aquis Querquennis, localizado no concello de Bande, no suroeste da provincial de Ourense, campamento vinculado á vía romana XVIII, coñecida como Vía Nova, e a conferencia nos permitirá coñecer este asentamento e tamén como era esepoderoso exército romano. O último relatorio estará dedicado a un tema moi complexo nuns séculos de tantos cambios; o da relixiosidade. Roma chega co seu panteón de deuses a unha Galicia na que existía unha relixiosidade distinta, que se foi forxando durante a Idade do Ferro. Ademais, por se isto fora pouco, paulatinamente se asenta unha nova relixión, que acabará impoñéndose a todas as demais crenzas: o cristianismo.
Excursión final
Para remate, na excursión coa que se pecharán as Xorndas, desprazarémonos ata Allariz, para coñecer a cidade romana de Armea, un espectacular xacemento no que se leva escavando de xeito ininterrompido dende hai trece anos. Coñecerase ademais a fermosa sauna galaico-romana do Forno da Moura situada nas inmediacións.
Programa
Luns 27/11/23. Presentación.
20:00 h. Entrega da documentación e confirmación da inscrición.
20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de
Cultura Beatriz Rodríguez Gómez.
Martes 28/11/23.
“Aquis Querquennis”.
20:00 h. Relator: Santiago Ferrer Sierra. Arqueólogo, administrador de
Prospeccións Arqueolóxicas S.L.U. e Director do Centro Arqueolóxico de Aquis
Querquennis.
Mércores 29/11/23.
“Lucus Augusti, unha cidade romana nos fisterres atlánticos”.
20:00 h. Relator: Enrique González Fernández. Arqueólogo municipal de Lugo.
Xoves 30/11/23.
“A construção em Bracara Augusta: sociedade, economia e território”.
20:00 h. Relator: Jorge Ribeiro. Doutor en Arqueoloxía, Laboratório de Paisagem,
Património e Território da Universidade do Mihho.
Venres 01/12/23.
“Entre o cambio e a continuidade: unha aproximación á relixiosidade da Gallaecia romana”.
20:00 h. Relator: Aitor Freán Campo. Doutor en Historia, Xeografía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.
21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa
María Ramallo Vázquez.
Domingo 03/12/23.
Visita ao xacemento arqueolóxico de Armea, Allariz. “Armea: un castro convertido en Cibdá romana no interior da Gallaecia”.
Guía-relator: Adolfo Fernández Fernández. Doutor en Arqueoloxía, Departamento
de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.
Inscripción gratuita
A inscrición, coma sempre, será gratutia e pode realizarse a través do mail
xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com.