Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Silverio Rivas, autor do monumento do Paseo Alcalde Blanco visitou onte o Museo para corrixir un erro de data na Capela

Carriola.Concello.14.11.23

julio@carriola.es

O escultor Silverio Rivas, autor da figura do Paseo Alcalde Blanco foi recibido onte no Museo Torres onde, a concelleira Itziar Álvarez e Ángel García Carragal, de Xornadas Reencontro coa Historia, así como o comisario cultural Antón Sobral, estiveron co artista para corrixir un erro na data que hai na placa da figura.

A historia ten que quedar sempre correctamente escrita e cos erros subsanados para que xeración tras xeración poidan seguir manténdose as tradicións e as vivencias. Parte desa filosofía é a que guía o traballo da asociación Xornadas Reencontro coa Historia, que promove Ángel García Carragal, e que levaba tempo con gañas de tocar un tema que precisa dunha rectificación. 

Falamos da placa conmemorativa coa que conta a escultura Capela Solis, que se atopa na metade do Paseo Alcalde Blanco. O seu autor, o prestixioso escultor ponteareano Silverio Rivas, volveu á nosa vila, onde foi recibido polo propio Carragal, a concelleira Itziar Álvarez e o comisario cultural Antón Sobral.

Dous erros de datas no mesmo paseo

O obxectivo,  adiantou a concelleira,  é a rectificación da data que aparece na placa, 1977, cando debería poñer 1997, ano no que se inaugurou o Paseo. Así a todo, esta data tamén causa confusión, xa que  explica García Carragal, “temos outra placa no paseo que fai referencia ao ano 2003, pero ese foi o ano no que a Corporación Municipal acordou darlle ese nome ao paseo, a petición da APRMH de Marín”.

O monumento

Capela Solis é unha escultura inspirada na idea dunha porta ou dolmen, elementos maxicos e protectores que, segundo explicou o autor Silverio Rivas no seu día,  Están presentes en todas as culturas ancestrais e mitolóxicas e simboliza a transición, a revelación, o paso cara a un nivel superior de coñecemento”

Agora, renovarase esta placa para poder subsanar este erro histórico e que ninguén teña dúbida de cal é a historia do noso paseo, o que máis une o noso centro co mar.

 

roslev