Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Casi dun millar de “gamers” participaron na terceira edición do “Marín Gaming” celebrada na Raña

Carriola.Concello.15.11.23

julio@carriola.es

Un moi bo número de competidores nos torneos deronse cita na Terceira Edición do “Marín Gaming” que se celebrou no polideportivo da Raña do que o concelleiro Hugo González  destacou “O concelleiro Hugo González destacou “A boa aceptación que houbo do programa tanto entre a mocidade como no público familiar.

A cultura do gaming, do audiovisual, do relato e da diversión dixital tiveron a súa cita ineludible no pavillón da Raña, coa celebración da terceira edición do Marín Gaming Fest, organizado entre o Concello de Marín e a agrupación Gaming Troop.

Durante os dous días que durou o evento pasáronse por alí cerca dun millar de persoas apaixoadas do mundo do gaming e do cosplay, así como artistas que viñeron desde distintos puntos da provincia para expoñer as súas creacións.

Segundo indicou o concelleiro Hugo González, Houbo un moi bo número de competidores nos torneos e notamos unha gran aceptación de toda a programación, tanto da movidade como do público familiar”.

Asemade, os xogos de mesa, que xa se veñen promocionando en Marín nos útimos tempos coa celebración de varias edicións das Ludoxornadas “tiveron un gran seguemento”. , afirmou o edil.

 

roslev