Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Casa de Cultura de San Xulián acollerá os días 18 e 19 deste mes de novembro a “II Mostra de Cine de Marín”

Carriola.Dani Antelo (*).15.11.23

julio@carriola.es

Marín de Cine; San Xulián de Cine

 II Mostra de Cine de Marín terá lugar os días 18 e 19 de novembro na Casa de Cultura de San Xulián. Trátase da segunda edición desta actividade con espíritu itinerante, para fomentar o cinema independente entre os veciños e veciñas de todas as parroquias de Marín. 

Dani Antelo 

Teño o desexo de que o cinema sexa entendido, non só como un producto de consumo, senón que o espectador comprenda que está a compartir un espazo de reflexión, onde ter a oportunidade de coñecer máis de nós mesmos e tamén dos outros. De novo proxectaremos filmes da casa, de países europeos e Latinoamérica.

En canto a programación aproveitaremos parte das obras que non puideron ser proxectadas nas xornadas de agosto no John Balan Fest. Deste xeito facemos xustiza cos creadores e creadoras que inscribiron o seu filme, pero que por falta de espazo e orzamento non exhibiron nas salas do festival. Anunciaremos a lista de filmes nos vindeiros días a través das nosas redes sociais @JOHNBALANFEST, pero xa podo adiantar títulos como A Moza da Bufanda Vermella de Martín Caínzos, coa participación de Marta Doviro e Pedro Brandariz, ou o documental Alegría, sobre o desastre do Prestige, que cumpre o seu vixésimo primeiro aniversario, de Manuel Otero.

Novo Clube Audiovisual

A novidade de cara a esta segunda edición é que presentaremos un novo Clube Audiovisual coa expectativa de ser un referente no Concello. Son consciente de que hai moi pouca marxe entre o que se fixo este verán e a Mostra, pero de momento o calendario manda e fainos escoller de maneira forzada estas datas. Seguramente, de cara ao futuro, organizaremos un único evento que abrangue máis días, a poder ser unha semana enteira de proxeccións e actividades relacionadas co audiovisual. Pasiño a pasiño, hai que construir unha conciencia sobre as industrias culturais entendidas como unha importante fonte económica, do que forma parte tamén o cinema.

Penso que estamos no bo  camiño.

(*) Dani Antelo, promotor da organización da J.B.P.

roslev