Carriola.Celis García Santomé (*).18.11.23
julio@carriola.es
Nun claro acto de compromiso coa erradicación da violencia de xénero, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) insta de maneira contundente á Xunta de Galicia a intensificar os seus esforzos económicos e preventivos na loita contra esta lacra social.

Celia García
Durante o último pleno municipal celebrado o 9 de novembro, o Bloque presentou as seguintes propostas destinadas a fortalecer a institucional ante a violencia de xénero, unha prioridade política, social e institucional de primeira orde que require un compromiso colectivo para establecer novos compromisos.
- Incremento de recursos económicosdestinados especificamente á loita contra a violencia de xénero. A proposta suxire que estes recursos non deberían ser inferiores ao 1% do orzamento total para o ano 2024.
- Maior esforzo en prevenciónconscientes de que é clave na erradicación da violencia sexual, recoñecendo a responsabilidade compartida tanto das institucións como da sociedade no seu conxunto.
- Ampliación e extensión dos Centros de Información á Muller (CIM)considerados elementos esenciais para brindar apoio e asistencia ás vítimas de violencia de xénero.
A pesar da importancia da moción presentada polo BNG en liña coa concienciación necesaria sobre a violencia de xénero, o debate desviouse cara a unha vía partidista, especialmente por parte do Partido Popular (PP), o que derivou en tensión debido ás apreciacións doutros partidos sobre os comportamentos e actitudes da dereita neste asunto.
Tras un debate reflexivo sobre a moción, alcanzouse un acordo unánime entre os grupos da corporación, expresando a vontade do Concello na loita contra a violencia machista.
Nun contexto no que a violencia de xénero segue a ser unha realidade persistente, desde o BNG faise un chamado á unidade de todas as forzas políticas para abordar esta cuestión de maneira integral, rexeitando calquera forma de discriminación ou banalización da violencia de xénero.
Celia Mg García Santomé.é concelleira do Bloque Nacionalista Galego.