Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Comunicado do PSOE de Marín no día Internacional da Muller

Carriola.Grupo Socialista.25.11.23

julio@carriola.es

As cifras da violencia machista son estremecedoras: no que vai de ano xa foron asesinadas 53 mulleres en España que se suman ás 1.185 nos últimos vinte anos. Ao que debemos engadir o de 49 menores asasinados dende 2013 e 428 orfos. A última, onte na localidade de Porriño-

O 25N, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres é por tanto unha data importante para recordar e lamentar a enorme lista de mulleres asasinadas no noso país, así como reflexionar sobre as súas causas e cómo loitar contra elas.

Esta é unha realidade aterradora, perpetuada e baseada no machismo, tan arraigado nunha parte da nosa sociedade, e que segue a pensar que as mulleres estamos ao servizo dos homes, que nos considera inferiores, ornatos do matrimonio e das empresas, nais, coidadoras, histéricas, débiles, liantas, mentireiras, bruxas…

Na loita que mantemos contra estes abusos non valen as medias tintas nin o merchandising se detrás non existen medidas contundentes e decididas de acción e educación. Non valen as posturas de poñerse de perfil e condenar os feminicidios mentres se branquean os recortes en servizos ás mulleres maltratadas. Non se poden gardar minutos de silencio polas vítimas mentres aceptas gobernar con quen nega a existencia da violencia machista, levando o maltrato directamente ás institucións. Difícilmente podes declararte feminista se non entendes e non atendes as reivindicación do feminismo en prol de alcanzar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, dotando, por exemplo, o noso plan de igualdade dun orzamento propio que permita, por unha banda, elaborar medidas que non sexan unha mera declaración de intencións xeneralista e, por outra banda, que o dote de mecanismos para desenvolvelo.

Non cabe en definitiva a tibieza na loita contra o maltrato porque loitamos por todas, polas nosas veciñas e polas que non o son. Tan só en Marín temos actualmente 43 casos activos no sistema de VioXen da Policía Nacional e 18 mulleres dispoñen dun teléfono de atención e protección 24 horas. Unha cifra aterradora e moitas veces invisibilizada. Pero tamén loitamos por todalas mulleres e nenas abusadas, asasinadas, prostituídas, privadas de dereitos, de sanidade, de educación, de liberdade económica….. Porque só cando todas sexamos libres e iguais, acabaremos coa violencia machista.

 

roslev