Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello lanza unha campaña de promoción da súa administración dixital que favorece aos veciños

Carriola.Manuel Santos Costa (*).29.11.23

julio@carriola.es

Consultar datos padroais, pagar taxas e impostos municipais, exercer o dereito á participación pública, dar avisos e suxestións, presentar facturas… Todo isto é posible a través de sede.concellodemarin.es A súa mellora e implementación foi posible grazas á cofinanciación dun 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. 

Manuel Santos Costa

A dixitalización de Marín está cada vez máis avanzada. As novas tecnoloxías son esenciais no día a día das persoas e a forma que temos de relacionarnos entre nós e coas administracións mudou desde a súa integración na nosa vida. Nese sentido, Marín deu pasos de xigante para que a relación entre o Concello e a veciñanza puidese establecerse, tamén, a golpe de click.

De aí nace a Administración electrónica da vila: sede.concellodemarin.es, un portal no que poder realizar practicamente todos os trámites básicos para os que antes era imprescindible acudir de xeito presencial á Casa Consistorial.

Pagar os recibos de IBI, IVTM ou o IAE; descargar en minutos un volante ou un certificado de empadroamento ou modificar os datos padroais, solicitar a licenza de uso dun local municipal ou dun espazo da vía pública, rexistrar unhafactura para o seu abono, presentar un orzamento, solicitar ou renovar a licenza de animais potencialmente perigosos ou dar de alta á nosa mascota no censomunicipal de animais de compañía… Eses son só algúns dos trámites que se poden realizar a través da sede electrónica, facendo apenas un par de clicks.

Desde o Concello, lémbrase a necesidade de contar cun certificado electrónico para poder operar na sede. O certificado electrónico é a representación dixital dunha persoa física, para podela identificar de forma inequívoca. Moitas veces, hai persoas ou asociacións que xa se atopan neste punto cun escollo, por iso, tamén temos activo un servizo para axudar á creación do certificado, un trámite ao que se pode acceder directamente desde a web do Concello.

Video tutoriais para saber usar a sede

Lanzamos unha campaña de promoción da sede electrónica para que toda a veciñanza coñeza as bondades da sede, que vexan como o seu Concello dá pasos para ser moderno, dixital e que pensa na súa comodidade para relacionarse coa administración local. Ademais da promoción, desde o Concello entendemos que é preciso facer formación

e divulgación para aprender a usar esta sede. Para iso, iranse publicando vídeos en formato de vídeo tutorial nos que se ensinen paso a paso as tramitacións máis comúns.

A implantación desta Administración dixital foi posible grazas á cofinanciación do 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, dentro da estratexia Marín Dusi, cunha inversión superior aos 37.000 euros.

(*) Concelleiro de asuntos económicos

roslev