Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Carta aos Reis Magos do presidente do club de petanca “Gharaboto”

Carriola.Redacción. 05.01.24.

julio@carriola.es.         

 

Luis A. Camiña Otero   (*)                

                                                                             Á Atención dos Reis Magos:

Srs Reis Magos de Oriente:

Eu non vos vou pedir ningún agasallo (que para eso están meus netos), pero aproveito a oportunidade que da este día para pedir por mediación vosa, a quen corresponda, que fagan campos novos de Petanca e Chave en Marín, ou arranxen os campos da Barriada de Suboficiales.

Os campos da Barriada foron feitos hai unha morea de anos para uso infantil, pero non teñen as medidas nin o piso que requiren para unha competición como a que está xogando o equipo da A.C.D. Gharaboto “Petanca Marín”, que é, a Liga de Petanca de Pontevedra.

Desde que fixeron o peche das obras do Auditorio e levantaron os campos de Petanca e Chave  que había detrás da parada do bus- aínda que os campos non estaban afectados polo valado- e non entorpecían a obra, estamos sen campos.

Desde ese día estamos xogando nun campo do concello de Pontevedra, o que nos ocasiona desprazamentos para adestrar e xogar os partidos da Liga, cando podemos telos no noso pobo.

O noso equipo é un dos punteiros da Comarca xa que no pouco tempo que levamos practicando ganamos a Copa Pontevedra no 2022 e 3ºs no ano 2023, así como 4ºs na liga do ano 2021/2022 e 3ºs no ano 2022/2023, a día de hoxe estamos 2ºs na liga 2023/2024

Penso que fomos bos estes anos, polo que merecemos ese premio por parte do Concello de Marín.

Marín 5 de xaneiro de 2024

(*) Luis A. Camiña Otero  é o Presidente da A.C.D. Gharaboto

 

roslev