Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de Seixo entrega carbón de Reis ao xerente da Área Sanitaria pola grave situación da atención en Marin

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*). 05.01.24.

julio@carriola.es.

A á Consellería e á xerencia o merecen por levar a cabo unha política sanitaria suicida que non defende ninguén que sufra os recortes en carne e óso

Un grupo de veciñas e veciños da Plataforma que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, achegouse hoxe ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra para denunciar a situación límite na que se atopa a atención sanitaria no Concello de Marín e entregrar o carbón e outros agasallos que os Reis deixaron para o xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias.

Fixemos este acto simbólico porque a situación é máis grave do que está trascendendo  por unha política sanitaria suicida que leva á sanidade pública ao límite, aos profesionais ao esgotamento e ás veciñas e veciños á desesperación. Como exemplo a situación do centro de saúde de Marín que é moi semellante á situación doutros centros de saúde da nosa contorna.

Levamos semanas denunciando que en medicina de familia hai cupos con esperas entre 15 e 22 días para consulta tanto de mañá como de tarde e que, día si e día tamén, non hai ningún persoal médico na quenda ordinaria de tarde, cando corresponderían tres facultativas/os para atender 4.000 persoas. En pediatría a situación é gravísima, o habitual é que se anulen as citas. Non está a haber controis, nin revisións de idade ordinarias das crianzas. Só hai 1 pediatra de 4, para 3500 menores, e só atende urxencias ata as 14h e, a partir desa hora, as familias teñen que ir ás urxencias do PAC Marín, a ver se hai médico ou directamente ao Hospital Provincial.

No medio dun pico gravísimo de enfermidades respiratorias, especialmente de gripe A, e coa saturación dos servizos de urxencias do Hospital Montecelo, non chega só con volver ás mascarillas, ou chamar á vacinación nos Centro de saúde onde xa falta persoal. A Xunta debe contratar e rectificar estes recortes suicidas porque está a poñer en risco a nosa saúde.

Temos que criticar as declaracións do xerente da Área, José Flores, nas que afirma que a situación mellorou e preguntámonos, mellorou para quen? Para quen necesita citas con especialistas que non chegan? Para quen sacou cita o 26 de decembro coa pediatra e non lla dan ata o 18 de xaneiro, se é que non lla anulan? Ou para quen está no corredor de urxencias agardando por unha cama para ingresar? Se o que quere dicir é que melloramos dende que chegou el hai un ano, lembramos que antes foi xerente do Sergas e anteriormente responsable do 061 e sabe de recortes na sanidade e da privatización das ambulancias, non é un recén chegado.

Por todo isto os Reis da Plataforma decidiron botarlle carbón, uns chupetes para lembrarlle a tremenda situación de pediatría e unhas velas, xa que nos primeiros temporais do outono o Centro de Saúde de Marín tivo consultas sen luz porque o transformador está avariado e o equipo electróxeno só daba para ter luz nos corredores e nos ordenadores do persoal administrativo. A ver se para o ano 2024 hai máis luces na Consellería e arranxan todo isto en vez de derivar recursos públicos á privada.

Por último lembramos que o día 4 de febreiro estaremos na manifestación de todas as Plataformas e SOS Sanidade en Santiago de Compostela e que a partir da semana que vén difundirán os autobuses convidando a que todo o mundo se sume para amosar que estamos fartas/os de que se xogue co seu dereito á saúde.

(*)Iria Aboi Ferradás é a voceira da Plataforma de Seixo

 

roslev