Carriola. Lucía Santos Omil (*). 16.01.24.
julio@carriola.es.
Temos que lamentar novamente que o goberno do PP non atenda ás preocupacións da veciñanza, amosando unha falta de respeto total e absoluta, incumprindo unha vez máis a lei de transparencia e participación cidadá.
O BNG insiste en denunciar a falta de transparencia por parte do goberno municipal do PP, nesta ocasión, incumprindo o dereito á participación cidadá non atendendo á solicitude para un certificado de titularidade dun camino municipal.
Temos trasladado á comisión informativa de urbanismo celebrada o pasado mércores 3 de xaneiro, o malestar da familia dunha vivenda situada en Tiro Naval Janer que presentaron en reiteradas ocasións, a solicitude dun certificado de titularidade dun camino municipal no que se están realizando obras de peche de dito camino, que aparece recollido no PXOM como vía pública, polo que a obra de peche sería unha ilegalidade.
A primeira solicitude foi rexistrada o pasado 23 de novembro mais non obtiveron resposta, polo que un mes despois, volven presentar a mesma solicitude até en dúas ocasións e novamente, sen resultado.
Por outra banda, o pasado 14 de decembro, esta familia solicitou a inspección municipal para comprobar colocación duns desaugadoiros sobre a vía pública na rúa Tiro Naval Janer, inundando a beirarrúa de auga e terra, ao que tampouco obtiveron resposta algunha.
Lamentamos que, novamente, o goberno do PP non atenda ás preocupacións da veciñanza amosando unha falta de respeto total e absoluta, incumprindo unha vez máis a lei de transparencia e participación cidadá, negándolle o dereito de acceso a información pública.
(*) Lucía Santos Omil é a portavoz do BNG na corporación municipal