Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Certamen de “curtas” convocado polo Muso do Mar de Marín co apoio do Diario de Pontevedra e o Concello

Carriola.Redacción 01.02.24.

julio@carriola.es.

ANo día de onte tivo lugar a presentación no Museo do Mar de Marín do que será o “I Certame de Curtas” no que poderán participar rapaces e rapazas ata os 30 anos divididos en dúas categorías por idade.

O acto tivo lugar no propio Museo do Mar coa presencia de responsables da institución, a representación do Diario de Pontevedra na persoa de Pedro Pérez e a concelleira Marián Sanmartín que informaron do contido do concurso que terá como datas de proxeccións os días entre o 20 e o 26 de maio.

Temática do mar e dúas categorías de participación

Segundo informaron no acto de presentcion O concurso está dirixido a mozos e mozas que realicen as súas obras de calquera temática relacionada co mar, tendo como lema “Nostra In Mare Fortuna , e centrándose na temática do mar desde calquera perspectiva: natural, cultural, etc.”

Tamén indicaron que, Haberá dúas categorías: unha de novo/as creadores/as, para calquer persoa con idade d entre os 12 e os 30 anos de idade, e a categoría de ensinanza, na que poderá participar o alumnado dos centros educativos de Marín desde Primaria ata Bacharelato, incluindo os ciclos formativos. 

Contido das obras en concurso

As obras que se presenten poden ser de calquera xénero, ficción ou non ficción, cun máximo de 15 minutos de duración e poden presentarse tantas obras como se desexen podendo utiliar os idiomas galego e castelán e, neste último caso, será obrigado  que leven  subtítulos en galego.

Durante a presenteación matizouse  a condición de que As curtametraxes han de ser orixinais e propiedade dun/ha ou varios/as autores/as e, no caso dos traballos colectivos, deberá indicarse o nome de todo e todas as participantes.

O período de presentación de curtas estenderase ata o 31 de marzo de 2024, entregando as obras en formato MPEG-4 con resolución HD1080p aínda que, se se presentan noutro formato, poderán ser admitidas no caso de que teñan unha calidade óptima e abondo para poder visualizarla”.

Presentación dos traballos e inscripción previa

A presentación pode realizarse fisicamente, entregando un pendrive no propio Museo do Mar en Marín en horario de venres, sábado e domingo, de 11.30 a 13.00 horas, ou enviando a obra ao mail do museo (museodomarmarin@outlook,es) para a súa descarga.

Tamén será preciso encher un formulario de inscrición que se poderá descargar do Facebook do Museo do Mar ou solicitándoo a través do mail antes indicado.

O xurado estará composto por cinco persoas: dous mmebros da Asociación do Museo do Mar e tres profesionais audiovisuais.

Premios e proxección

Tal e como aparece nas bases do concurso, haberá tres premios: dous na categoría aberta e unhna de ensino. A “Sardiña de ouro” dotarase con 300 euros e a “Sardiña de prata” con 200. Este segundo será concedido polo público. 

Na categoría de Ensino, o xurado outorgará o premio “Rodaballo de Ouro”, dotado con 500 euros, que estarán destinados a actividades escolares do centro de ensinanza correspondente.

A proxección das curtas terán lugar na sede do Museo do Mar de Marín do 20 ao 25 de maio de 2024 e a gala de premios está prevista para o 26 do mesmo mes..

 

roslev