Carriola.Redacción 02.02.24.
julio@carriola.es.
A concelleira de Promoción Económica Beatriz Rodríguez fixo onte a presentación dun programa de formación gratuito de dixitalización, contabilidade e comunicación, dirixido a autónomos e pimes que se desnvolverá en Marín, no local do Museo Torres no mes de marzo.
“Serán tres plans de traballo - indicou Rodrígues- que abordarán cuestións fundamentais na xestión, dixitalización, contabilidade e comunicación dos emprendedores. A inscripción realizarase a través da web www.apegalicia.gal, formación, totalmente gratuíta está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras autónomas e pemes de Marín”.
Tres plans complementarios
A iniciativa consta de 3 plans en tres áreas de traballo fundamentais para a prosperidade e competitividade dos negocios que a concelleira explicou:.
* PLAN DIXITALÍZATE E COMPITE, no que se formará ás persoas nos seguintes contidos::
- Kit Dixital: introdución e aproximación ás axudas encadradas baixo o Kit Dixital. O 23 de xullo de 2020 presentouse o Plan España Dixital 2025.
- Outras axudas. IGAPE. Re-Acciona: servizos de consultoría abertos para asesorar áempresa da maneira máis eficiente en diferentes áreas.
Esta xornada será o mércores 7 de febreiro ás 20.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
* PLAN COMUNÍCATE, que consistirá nunha guía práctica para facilitar a interacción telemática coas administracións. Os contidos serán:
- Certificados electrónicos
- Tipos de certificados (persoal, representación etc. )● Como se solicitan (FNMT etc.)/ etc.)
- Programas necesarios (autofirma, como se instala,etc. )
- Trámites máis comúns ante as distintas administracións (vida laboral,
puntos DGT etc.)
- Exemplos de uso
Neste caso, a xornada desenvolverase o 21 de febreiro, no mesmo horario ca anterior.
* MÓDULO AS CONTAS CLARAS, unha guía práctica para mellorar a saúde contable, con contidos como:
- Conceptos básicos de Contabilidade.
- Software de facturación adaptado á nova normativa.
- Factura electrónica.
A actividade celebrarase o día seis de marzo próximo e conta con plazas limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse á maior brevidade posible a travès de www.apegalicia.es.